Sebastián González García-Paz, nado en Pontevedra o 26 de maio de 1908 e finado na mesma cidade o 5 de agosto de 1967, foi un historiador e arqueólogo galego, secretario do Seminario de Estudos Galegos.
Traxectoria miniatura|300px|De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas Fernández, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra.Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934. Fillo de Bernardino González Paz e de Ceferina García, foi irmán de Enrique e Daría González. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Fixo o doutoramento en Filosofía e Letras en Madrid (1930), coa tese El colegio de San Clemente de Pasantes de Compostela. Regresou a Compostela e obtivo a praza de auxiliar da Sección de Arte e tivo ao seu cargo as cátedras de Arqueoloxía e Historia da Arte. En 1931 conseguiu unha bolsa para ampliar os estudos de prehistoria e estivo en Francia e Alemaña. Colaborou co Seminario de Estudos Galegos, do que foi membro do Consello Director e para o que logrou uns locais no edificio de Fonseca, onde se instalaron a biblioteca e o museo de etnografía. Participou xunto a Florentino López Cuevillas no proxecto de catalogación dos castros galegos e escavou, entre outros, os castros de Montealegre (Domaio), Santa Trega, Taboexa e San Cibrao de Las. Formou parte das Irmandades da Fala e asistiu á asemblea que se organizou na Coruña; máis tarde ingresou no Partido Galeguista. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Trala guerra civil española, e como consecuencia da súa pertenza ás Irmandades da Fala e ao Partido Galeguista, exiliouse en Porto Rico, onde foi decano da Universidade de Porto Rico, posto desde o que fomentou a fundación do Coro Universitario, do Museo da Universidade, do Seminario de Estudos de Porto Rico e dun centro de Escavacións Arqueolóxicas. Polo seu traballo, o claustro nomeouno decano de estudos, reitor interino e senador vitalicio.
Xulgado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas, foi condenado en 1940 a inhabilitación absoluta, seis anos de desterro a máis de douscentos quilómetros de Santiago de Compostela e o pago de cinco mil pesetas.BOE, 2-3-1940, p. 1111. Regresou a Pontevedra, onde finou o 5 de agosto de 1967."Ha muerto don Sebastian González", Faro de Vigo, 6-8-1967, p. 15. Obras La Universidad de Santiago: el pasado y el presente, 1934 (en colaboración con Ciriaco Pérez Bustamante). Sobre Domingo de Andrade, 1935. Sobre plateros pontevedreses, 1965. Pontevedra a fines del siglo XVI: tres dibujos desconocidos, 1965.
Artigos "La población de Nueva España en el siglo XVI", (1928), en Boletín de la Biblioteca Menéndez Pelayo, con Ciriaco Pérez Bustamante e Pura Lorenzana. "O tesouro de Foxados", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, volume VI, ano 1933-1934, con Xesús Carro. "Noticias de las exploraciones arqueológicas en los castros de Borneiro y Baroña", en Boletín da Universidade de Santiago de Compostela (1933).El patrimonio histórico de la Universidad de Santiago de Compostela "La juventud del padre Rufo", en Extramuros (1963), da Universidade de Porto Rico.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Daría González (irmá)
Ligazóns externas
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1908 Categoría:Nados en 1967 Categoría:Historiadores da arte de Galicia Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega