miniatura|dereita|300 px|Micrografía da glándula paratiroide tinguida con hematoxilina-eosina. As células oxífilas paratiroides son células da glándula paratiroide dos humanos e outros animaisM. Kanter. The occurrence of oxyphil cells in parthyroid glans: an ultraestruture study in cattle and horses. Eastern Journal of Medicine. 1: 51-54. 1996. , que se tinguen fortemente con ácidos, o que as distingue das células paratiroides máis comúns, chamadas células principais paratiroides. As célula oxífilas son moito menos abundantes na glándula ca as principais, pero son máis grandes e máis pálidas e teñen un núcleo pequeno e un citoplasma moi acidófilo (de onde lles vén o nome).BUHistology|15002loa
O seu aparato de Golgi e retículo endoplasmático son escasos, pero as mitocondrias son abondosas e alongadas e con moitas cristas, máis numerosas ca nas células principais paratiroides, e entre elas hai gránulos de glicóxenoD. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 518-519. ISBN 84-7605-361-4.
As células oxífilas paratiroides aparecen illadas ou en grupos pequenos entre as células principais no centro e periferia da glándula. As células oxífilas non existen no feto, aparecen en pequeno número entre os 4 e 7 anos, e aumentan na puberdade. Aínda que normalmente son pouco numerosas, en casos de enfermidade renal avanzada o seu número aumenta ás veces en máis de 1000 veces.A. C. Christie. The parathyroid oxyphil cells. J Clin Pathol. 1967 July; 20(4): 591–602.
Con técnicas de escáner de medicina nuclear, estas células captan selectivamente o complexo radiotrazador tecnecio-sestamibi, e é posible delinear a anatomía da glándula."Minimally Invasive Radio-guided Surgery for Primary Hyperparathyroidism," Annals of Surgical Oncology 12/07 14(12) pp 3401-3402
A función das células oxífilas paratiroides non se coñece, pero non interveñen na síntese da hormona paratiroide (PTH), que é a principal misión das células principais paratiroides que as rodean.
Na glándula describíronse células con características intermedias entre as oxífilas e as células principais paratiroides.
Os adenomas de paratiroide están compostos fundamentalmente por células principais paratiroides, e son a causa máis frecuente de hiperparatiroidismo, pero coñécense tamén casos raros de adenomas de células oxifílicas paratiroidesWolpert HR, Vickery AL Jr, Wang CA. Functioning oxyphil cell adenomas of the parathyroid gland. A study of 15 cases. Am J Surg Pathol. 1989 Jun;13(6):500-4. C. D. Bedetti, A. Dekker, Ch. G. Watson. Functioning oxyphil cell adenoma of the parathyroid gland: A clinopatological study of ten patients with hyperparathyroidism. Human Pathology. Vol. 15. Issue 12. December 1984. Pages 1121-1126. .
Como célula oxífila significa célula afín ou amiga dos ácidos (nas tinguiduras) certas células non paratiroides con esa característica tamén se poden denominar oxífilas ou oxifílicas e non deben confundirse coas células oxífilas paratiroides. Estas outras células oxífilas aparecen en cánceres chamados oncocitomas de glándulas salivares, carúncula lacrimalDini M, Soma PF, Comin CE. Oxyphil cell adenoma (oncocytoma) of the lacrimal caruncle: a case report. Tumori. 1996 May-Jun;82(3):276-9. Oncocitoma lacrimal ou riles.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Imaxes de células oxífilas
Categoría:Histoloxía