Bogurodzica (nai de Deus) é o máis vello himno relixioso polaco, composto entre o século XIII e o XIVMirosław Korolko: Średniowieczna pieśń religijna polska. Wrocław: Zakład Narodowy im. Ossolińskich, 1980; páxina 3, constituíndo tamén o máis antigo poema en lingua polacaCzesław Miłosz:The History of Polish Literature. Berkeley: University of California Press, 1983; páxina 12, a diferenza doutros himnos relixiosos polacos medievais non é unha tradución do latín, e aínda que a súa orixe é incerta Roman Jakobson suxeriu que a súa procedencia podería estar no eslavo eclesiástico por medio dunha tradución checaRoman Jakobson: Czech verse a thousand years ago en Selected Writings: Early Slavic Paths and Crossroads, Volume 6. Berlín: Walter de Gruyter, 1985; páxinas 351-354..

Os cabaleiros polacos cantaron este himno logo da batalla de Grunwald (15 de xullo de 1410) durante a Guerra polaco-lituano-teutónica e mentres se loitaba co exército turco en Varna no ano 1444, converténdose nunha sorte de himno nacional.

Letra das dúas estrofas orixinais

Polaco Bogurodzica dziewica, Bogiem sławiena Maryja, U twego syna Gospodzina Matko zwolena, Maryja! Zyszczy nam, spuści nam. Kyrie elison!

Twego dziela Krzciciela, bożycze, Usłysz głosy, napełń myśli człowiecze. Słysz modlitwę, jąż nosimy, A dać raczy, jegoż prosimy: A na świecie zbożny pobyt, Po żywocie rajski przebyt. Kyrie elison!

Galego Nai de Deus, Virxe, por Deus glorificada María de teu fillo, o noso Señor, nai escollida, María! Achégate a nós, danos a túa presenza! Kyrie eleison!

Fillo de Deus, pola graza do bautismo, escoita as nosas voces, enche os pensamentos do home! Escoita a oración que che ofrecemos, e danos o que che demandamos: Unha estadía respectable no mundo; despois da vida, o paraíso! Kyrie eleison!

</div>

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Bogurodzica en mp3

Categoría:Himnos Categoría:Símbolos de Polonia