miniatura|dereita|250px|Mapa de Cos coa illa de Gyali.
Gyali (en Grego moderno: Γυαλί "cristal", tamén chamada Yiali ou Yali, pronunciado ʝaˈli) é unha illa grega volcánica do arquipélago do Dodecaneso localizada a medio camiño entre a costa meridional de Cos e Nísiros. Componse de outeiros de lava de obsidiana riolítica e de depósitos de pedra pómez.Gyali,<<Global Volcanism Program>> Smithsonian Institution A illa ten dous segmentos distintos, coa parte nordés case na súa totalidade de obsidiana e a parte suroeste de pedra pómez. Estes segmentos están conectados por un estreito istmo e a praia está formada por sedimentos de moderno arrecife.
Xeografía miniatura|esquerda|En sentido contrario ás agullas do reloxo: Stroggyli, Gyali, Pergoussa, Pachia e Nissyros.
A illa ten 6 km de longo e entre 500 m e 4 km de ancho. Ten unha cova de 180 m de profundidade. Está desprovista de vexetación. O censo de 2001 achegou unha poboación de 10 habitantes. Administrativamente, forma parte do municipio de Nisiros.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Rexións de Grecia Prefecturas de Grecia
Ligazóns externas Páxina Web Oficial do Municipio de Nissyros (en inglés, francés, alemán, grego, italiano e castelán)
Categoría:Illas de Grecia Categoría:Volcáns de Grecia