O distrito de Namutumba, ás veces referido tamén como distrito de BusikiISO 3166-2 newsletter Date: 2007-11-28 é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Namutumba. O censo do ano 2002 estimaba a poboación do distrito en 169.200 habitantes. A agricultura de subsistencia e a gandaría son as principais actividades económicas do distrito.
Limita co distrito de Pallisa polo norte, co distrito de Kibuku polo nordeste, co distrito de Butaleja polo sueste, co distrito de Bugiri polo sur, co distrito de Iganga polo suroeste e co distrito de Kaliro polo noroeste.
Foi creado no ano 2005 polo parlamento, tornándose operacional o 1 de xullo de 2006. Anteriormente formaba parte do distrito de Iganga e era coñecido como condado de Busiki. O distrito de Namutumba forma parte da subrexión de Busoga, canda os distritos Bugiri, Buyende, Iganga, Jinja, Kaliro, Kamuli, Luuka, Mayuge e Namayingo. Segundo o censo do ano 2002, esta subrexión era lar de dous millóns e medio de persoas.
O distrito de Namutumba divídese nas seguintes unidades administrativas:
Sub-condado de Bulange Sub-condado de Ivukula Sub-condado de Kibaale Sub-condado de Magada Sub-condado de Namutumba Concello de Namutumba Sub-condado de Nsinze
Notas
Namutumba