Manuel Ramil, nado en Ares o 8 de marzo de 1978, é un músico galego.
Traxectoria O seu primeiro contacto coa música é aos 12 anos cando ou recibir clases de solfexo e piano clásico. Pronto se interesou por outras músicas e comezou unha época de grande influencia de Yngwie J. Malmsteen, Cacophony, WhiteSnake... Despois de pasar por varios grupos bastante inestábeis, no ano 1996 formou o grupo heavy “Torquemada”, co cal un ano despois gravou a súa primeira maqueta: “Santa Inquisición”. A pesar de permanecer case seis anos nesta banda, as cousas non marcharon ben, polo que en setembro de 2001 decidiu pechar este episodio e abandonou grupo. Nesta época colaborou de xeito esporádico con algunhas bandas: co grupo Thánatos realizou a gravación de diversas intros para os seus concertos, e participou co grupo Trashnos na gravación do seu primeiro disco: “Tiempo”.
En xulio de 2002 comezou a súa época máis coñecida á fronte da banda Warcry, periplo que rematou a mediados do ano 2008, cando anuncia que se une ao grupo Sauze xunto cos tamén ex integrantes de Warcry: Alberto Ardines (batería) e Fernando Mon (guitarra) e Toni Amboaje (Hard Spirit). No 2010, interveu como produtor e arranxador do segundo traballo do grupo Infamia titulado: “La cuenta atrás”.
Durante 2021 exerceu como teclista suplente na xira internacional de Mägo de Oz e, en xaneiro de 2022, converteuse no teclista oficial do grupo tras a marcha de Javi Diez.
Dende xuño de 2017, formou parte da banda asturiana Avalanch e dende 2020 tamén de Alderaan e Adventus.
Discografía Torquemada Santa Inquisición (1997)
WarCry El Sello de los Tiempos (2002) Alea Jacta Est (2004) ¿Dónde está la luz? (2005) Directo a la luz (2006) La Quinta Esencia (2006)
Sauze Nada tiene sentido (2008) El mejor momento (2009)
Avalanch El secreto (2019) El dilema de los Dioses (2023) 30 Aniversario (2025)
Adventus Morir y renacer (2021) Saudade (2022) Lo que trajo el viento (2024)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial de WarCry Manuel Ramil
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Ares Categoría:Nados en 1978