miniatura|Porto de Buceo e edificio do Yacht Club Uruguayo. El Buceo é un barrio localizado no sueste da cidade de Montevideo, Uruguai, situado na costa do Río da Prata, ao leste de Pocitos e ao oeste de Malvín. Os seus eixes principais son a rambla costeira e a avenida Rivera. Os seus límites son ao oeste as avenidas Luis Alberto de Herrera e 26 de Marzo, ao leste a avenida Comercio, ao norte a avenida Italia, e ao sur o Río de la Plata.

A costa describe dous pronunciados accidentes: a pequena baía de Porto de Buceo e a ampla Praia de Buceo.

A zona chamouse Buceo de la Luz desde 1752 debido aos mergulladores que participaron no rescate da carga dun barco afundido. Na súa praia desembarcaron os ingleses que sitiaron e tomaron Montevideo, entre xaneiro e febreiro de 1807. En maio de 1814 a flotilla revolucionaria ao mando do Arxentino Almirante Guillermo Brown bateu á armada real. Pouco despois os españois renderon Montevideo.

No século XIX instaláronse peiraos, salgadoiros, a aduana e porto de Oribe, pescadores, vivendas e o cemiterio (1872).

Buceo creceu no século XX como balneario, en 1939 instalouse o Yacht Club Uruguayo, en 1958 o Edificio Panamericano e en 1985 o Montevideo Shopping Center. Xunto a el edificáronse as torres do World Trade Center Montevideo e complexos habitacionais instalados en conxuntos de torres que cambiaron a fisonomía da zona. A día de hoxe hai numerosos centros nocturnos, pubs e restaurantes na zona comprendida entre o WTC e o porto de Buceo.

A Rambla Armenia coa súa praza completa a fisonomía urbana do Porto de Buceo. No punto onde a rambla describe unha pronunciada curva, érguese un edificio de estilo árabe, sede do actual Museo Oceanográfico "Dámaso Antonio Larrañaga".Museo D. A. Larrañaga Orixinalmente fora concibido para local nocturno (foi coñecido popularmente como "o cabaret da morte", pola proximidade do Cemiterio de Buceo).El cabaret del Buceo

A Illa de Las Gaviotas marca o límite co barrio Malvín.

Notas

Categoría:Barrios de Montevideo