ADEOS 2 (acrónimo de Advanced Earth Observation Satellite), renomeado como Midori 2 (verde, en xaponés) tras a súa posta en órbita, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 14 de decembro de 2002 mediante un foguete H-2 desde o Centro Espacial de Tanegashima.
Características A misión de ADEOS 2 consistiu en facer observacións de cambios medioambientais na Terra. Foi inxectado nunha órbita inicial de 820 km de apoxeo, 803 km de perixeo, cun período orbital de 101 minutos e unha inclinación orbital de 98,7 graos e rebautizado como Midori 2. O corpo principal medía 4 x 4 x 5 metros e o panel solar, unha vez despregado, medía 0,3 metros de ancho por 24 metros de longo
Instrumentos ADEOS 1 levaba cinco instrumentos a bordo:
AMSR (Advanced Microwave Scanning Radiometer) GLI (Global Imager) Sea Winds POLDER (Polarization and Directionality of the Earth's Reflectances) ILAS-II (Improved Limb Atmospheric Spectrometer-II)
Notas
Véxase tamén Outros artigos ADEOS 1
Categoría:Satélites artificiais