Juan Serrano Oteiza, ás veces tamén citado coma Juan Serrano y Oteyza; nado en Madrid o 6 de maio do 1837 e finado na mesma cidade no 26 de marzo do 1886, foi un xurista e escritor español, considerado como un dos primeiros intelectuais anarquistas de España.Artigo en Portaloaca

Traxectoria Aprendeu do seu pai o oficio de abaniqueiro, mais dedicouse de cheo ás actividades militantes e propagandísticas. Aínda que hai dúbidas sobor da súa condición de notario, consérvanse publicacións súas de carácter legal.

Foi un dos primeiros propagadores das ideas de Proudhon na España e viña,(Nettlau: 149) coma tantos outros dos precursores do anarquismo na península, das filas do republicanismo federal. Na súa mocidade formou parte da sociedade La Velada, que foi moi perseguida polos distintos gobernos de Isabel II, e lle obrigaron ao desterro temporal en Valencia e Barcelona, e cando esta se fundiu coa organización Fomento de las Artes formou parte da súa directiva, chegando a ser secretario primeiro. Nesta sociedade coñeceu a Anselmo Lorenzo e foi uns dos máis influentes membros dela, cunha grande difusión das súas ideas entre os demais socios, sobor de todo no que chegaría a ser seu xenro Ricardo Mella.(Fernández Álvarez: 70-71)

No 1869 formou parte da sección madrileña da AIT, exercendo como representante dela en distintos congresos feitos entre os anos 1882 e 1885, salientando o seu relatorio no de 1882 na defensa do colectivismo e da presenza pública da Federación contra as teses dos que apoiaban a insurrección.

Dentro da súa labor de propaganda, creou diversos periódicos. No 1872 fundou xunto a Tomás Gónzalez Morago El Condenado e mais logo La Revista Social, considerada a portavoz do FTRE, da que foi director entre 1881 e 1884.Artigo de José Javier González de la Paz na web da C.G.T.

Escribiu moi abundantemente, non só sobre temas sociais, senón tamén sobre temas xurídicos. Abordou tamén a literatura, o teatro por riba do demais, aínda que salientou cunha obra utópica Pensativo, que acadou unha gran difusión e resultou premiado no Primeiro Certame Socialista de 1885 en Reus.ZUGASTI, Paco La clase obrera hace historia, páx. 84 ISBN 978-84-96611-45-0MORALES MUÑOZ, Manuel Pensativo de Serrano Oteiza, ejemplo de literatura anarquista. En Nueva Revista de Filología Hispánica

Obras Periodismo El Condenado La Revista Social La Fraternidad El Orden La Silber La Voz de la Juventud

Xurídico Gaceta de Registradores y Notarios Anuario del Legislador Español Revista general de legislación y jurisprudencia Manual arancelario (1878) Diccionario de la jurisprudencia administrativa, hipotecaria y notarial (1880)

Literatura Cuadros sociales Cupido sin alas Dos mujeres Historia de unas mujeres Miserias de la riqueza Odios políticos El poeta y el mundo La Quinta Quien bien te quiere El problema constituyente (1873) El pecado de Caín (1878) Almanaque para 1883. Biblioteca del proletariado (1882) Moral del progreso o la religión natural (1884) Pensativo (1885)Efemérides en la web do Ateneu Llibertari Estel Negre .

Notas

Véxase tamén Bibliografía Nettlau, Max (1977). La anarquía a través de los tiempos Barcelona: ed. Antalbe ISBN 84-365-1445-9 Fernández Álvarez, Anton (1990) Ricardo Mella o el anarquismo humanista Barcelona: edi. Arthropos. ISBN 84-7658-232-3

Categoría:Anarquistas de España Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1837 Categoría:Finados en 1886