O Trofeo Antonio Puerta é un torneo anual que organiza o Sevilla FC desde 2008, dedicado á memoria do xogador Antonio Puerta, falecido o 28 de agosto de 2007, tres días despois de caer esborrallado no campo mentres disputaba o primeiro partido de Liga da tempada 2007–08 contra o Getafe CF.Falece Antonio Puerta Este trofeo dispútase antes do comezo da tempada, a finais de agosto, e substitúe ao tradicional partido de presentación que disputada o Sevilla FC no seu estadio antes de comezar a tempada.
Historia A primeira edición celebrouse o día 23 de agosto de 2008, cinco días antes do aniversario do falecemento do xogador. Por iso realizáronse unha serie de actos antes do partido: entregóuselle a Aitor Puerta, fillo do xogador, o seu carné de socio e unha camiseta co seu nome; proxectáronse no videomarcador imaxes do xogador; e xusto antes do partido gardouse un minuto de silencio, durante o cal rezouse un Noso Pai, en recordo do propio xogador homenaxeado e das vítimas do Voo 5022 de Spanair, en accidente ocorrido no aeroporto de Barajas en Madrid o 20 de agosto de 2008 e que supuxo a maior traxedia da aviación comercial en España desde 1983, un suceso que conmocionou a toda a sociedade española.
O club elixido para disputar a I edición do Trofeo Antonio Porta foi o Málaga CF, club andaluz contra o que Puerta debutou en Primeira División o 21 de marzo de 2004, e que na tempada 2008-2009 retorna a Primeira División tras dúas tempadas en Segunda División.
O trofeo da I Edición é obra do escultor Roberto Echevarría e o ourive Juan Borrero Campos, encargados do deseño e execución da mesma. É unha peza no medio relevo e en prata de lei que representa o equipamento nervionense coa anatomía de Antonio Puerta e o seu dorsal ás costas. As cores utilizadas son o vermello veludo para o fondo e a prata simbolizando o branco da camiseta sevillista.
O 11 de xuño de 2012 anunciouse que a quinta edición do torneo xogaríase o 8 de agosto entre o Sevilla FC e o Deportivo da Coruña."El Dépor jugará la V edición del Trofeo Antonio Puerta"
Finais Ano Campión Subcampión Resultado 2008 Sevilla Málaga 2–0 2009 Sevilla Xerez 2–1 2010 Granada Sevilla 1–1 2011 Sevilla Espanyol 5–0 2012 Sevilla Deportivo 2–0 2013 Sevilla Almería 1–1
Palmarés EquipoTítulosSubcampiónAnos Sevilla 5 1 2008, 2009, 2011, 2012, 2013 Granada 1 0 2010 Málaga 0 1 Xerez 0 1 Espanyol 0 1 Deportivo 0 1 Almería 0 1
Notas
Antonio Puerta Categoría:Deporte en Sevilla Categoría:Sevilla FC