Ramón José Yzquierdo Perrín, nado en Santiago de Compostela o 9 de marzo de 1948 e finado o 2 de outubro de 2025, foi un historiador da arte galego.
Traxectoria Estudou Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Historia da Arte e foi profesor entre 1970 e 1995. A partir deste ano é catedrático na Universidade da Coruña.
Especializouse na arte románica e protogótica galega (séculos X ó XIII). Forma parte do Consello de Fábrica da catedral de Santiago de Compostela e é académico numerario da Real Academia Gallega de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, á que representa no Consello da Cultura Galega, e correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
En 1985 e 1995 participou, co profesor Ramón Otero Túñez na reconstrución do coro pétreo do mestre Mateu.
Formou parte do consello asesor de Cuadernos de Estudios Gallegos, publicación do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
Obras La arquitectura románica en Lugo, 1983. El coro del maestro Mateo, con R. Otero Túñez, 1990. El camino de Santiago del Norte en la provincia de Lugo. Ruta de la Costa, 1994.
Santiago de Compostela en la Edad Media, 2002. Los caminos a Compostela: el arte de la peregrinación, 2003. El maestro Mateo y el pórtico de la Gloria en la catedral de Santiago, 2010.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Ramón Yzquierdo Peiró Ligazóns externas Biografía na páxina web da Academia Galega de Belas Artes Ficha en galegos.info
Categoría:Historiadores da arte de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1948 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade da Coruña Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2025