José María Fonseca Moretón, nado en Ourense o 9 de marzo de 1950, é un economista e empresario galego.
Traxectoria Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1989 participou na fundación de Viñedos do Rosal e Adegas das Eiras, fusionadas posteriormente en Bodegas Terras Gauda, empresa que preside xunto con Viñedos e Bodegas Pittacum. Foi presidente da Fundación Galicia-Empresa (1996-1998) e membro do consello de administración da Editorial Galaxia, da Irmandade dos Viños Galegos e do Capítulo Serenísimo do Viño Albariño. Foi galardoado co Premio San Martiño (1995) e Centro Galego de Barcelona (2001). Pertence ao consello rexedor da Fundación Carlos Casares. En 2010 foi nomeado presidente da Fundación para la Cultura del Vino.
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en El Correo Gallego
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1950 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes