miniatura|dereita|250px|O Shaheed Minar, ou monumento dos Mártires, situado no campus da Universidade de Dacca, Bangladesh, conmemora o sacrificio pola lingua bengalí o 21 de febreiro de 1952.

O Día Internacional da Lingua Materna celébrase anualmente o 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural e sobre o plurilingüismo do planeta. Foi establecido pola UNESCO o 17 de novembro de 1999. A súa celebración tamén foi recoñecida formalmente pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na resolución que establecía 2008 como Ano Internacional das Linguas.Asemblea Xeral das Nacións Unidas, Sesión Sesaxésimoprimeira, Elemento 114 da axenda, Resolución adoptada pola Asemblea Xeral, 61/266. Multilingüismo (A/RES/61/266) (en árabe, chinés, inglés, francés, ruso e español)

O Día Internacional da Lingua Materna ten a súa orixe no recoñecemento internacional do Día do Movemento pola Lingua, que se conmemora en Bangladesh desde 1952, cando varios estudantes da Universidade de Dacca morreron a mans da policía paquistaní durante as protestas do Movemento pola Lingua Bengalí.

Historia O 21 de marzo de 1948, Mohammed Ali Jinnah, gobernador xeral de Paquistán, declarou o urdú única lingua oficial tanto de Paquistán Oriental como de Paquistán Occidental. Paquistán Oriental tiña a maioría de habitantes do estado e o urdú só era falado polo 7'05% da poboación de Paquistán OccidentalEstatísticas demolingüísticas de Paquistán na Wikipedia en inglés. Ao mesmo tempo, o bengalí era a lingua materna da maioría dos habitantes de Paquistán Oriental Demografía de Bangladesh na Wikipedia en inglés (actual Bangladesh), polo que estes protestaron contra a declaración do urdú como lingua oficial. O 21 de febreiro de 1952 (o 8 do mes de falgun de 1358 no calendario bengalí) estudantes da actual capital, Dacca, convocaron unha folga provincial e o goberno declarou un toque de recollida para evitala. Para evitar enfrontamentos e non violar o toque de recollida, as protestas fóronse suavizando. Non obstante, malia as manifestacións seren pacíficas, a policía paquistaní abriu fogo contra os estudantes e morreron varias persoas.

Temas anuais

A celebración do Día Internacional da Lingua Materna adoita ter un tema, que se indica no programa formal do día nas oficinas centrais da UNESCO ou de xeito máis explícito na publicidade.UNESCO, "Día Internacional de la Lengua Materna, 21 de febrero" 2000: Celebración inaugural do Día da Lingua Materna 2001: Segunda celebración anual 2002: Diversidade lingüística: 3000 linguas en perigo. O lema foi: In the galaxy of languages, every word is a star ("Na galaxia das linguas, cada palabra é unha estrela") 2003: Cuarta celebración anual 2004: Aprendizaxe infantil (a celebración na UNESCO incluíu, segundo a propia UNESCO, "unha exposición única de cadernos de exercicios infantís de todo o mundo, para ilustrar o proceso polo que os nenos aprenden e dominan as habilidades de lectoescritura na clase") 2005: Braille e linguas de signos 2006: Linguas e ciberespacio 2007: Educación multilingüe 2008: Ano Internacional das Linguas 2009: Décima celebración anual 2010: Ano Internacional polo Achegamento das Culturas 2011: As tecnoloxías da información e da comunicación a prol da conservación e promoción das linguas e da diversidade lingüística.UNESCO, "International Mother Language Day: 21 February 2011" 2012: Ensino da lingua materna e educación inclusivaUNESCO, "Día Internacional de la Lengua Materna, 21 de febrero 2012"

Celebración no mundo dereita|miniatura|Monumento ao Día Internacional da Lingua Materna, Ashfield Park, Sydney, Australia. Cerimonia de inauguración, 19 de febreiro de 2006 O premio Linguapax preséntase todos os anos no Día Internacional da Lingua Materna. A UNESCO establece o tema de cada Día Internacional da Lingua Materna e organiza eventos relacionados con el nas súas oficinas centrais de París arredor do día 21 de febreiro de cada ano. En 2008, a celebración do Ano Internacional das Linguas foi proclamada formalmente o 21 de febreiro.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de días internacionais segundo a Organización das Nacións Unidas Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos Día das Letras Galegas

Ligazóns externas Páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia sobre a celebración en 2012 Historia do Día Internacional da Lingua Materna (en bengalí e inglés) Páxina oficial das Nacións Unidas sobre o Día Internacional da Lingua Materna UNESCO, páxina oficial do Día Internacional da Lingua materna, con versións en inglés, castelán, francés e árabe. Concurso de fotografía do Día Internacional da Lingua Materna 2012 Manipulación do Día da Lingua Materna . Artigo de Cibrán Arxibai en Sermos Galiza

Categoría:Días internacionais da Organización das Nacións Unidas Categoría:Lingüística Categoría:Febreiro Categoría:UNESCO