Makoto Shinkai (新海 誠 Shinkai Makoto) nado Makoto Niitsu (新津 誠 Niitsu Makoto) o 9 de febreiro de 1973, é un director de cine, animador e actor de voz de anime. Orixinario da prefectura de Nagano en Xapón. Estudou literatura xaponesa na universidade. A súa paixón pola creación debese ao manga, anime e novelas que leu mentres estaba na secundaria.
O seu anime favorito é O castelo no ceo de Hayao Miyazaki. Shinkai foi chamado O novo Miyazaki en diversos artigos, incluíndo Anime Advocates e ActiveAnime, a pesar de que el non está de acordo con esta comparación, afirmando que "é unha sobreestimación". Filmografía Kanojo to Kanojo no Neko (1999) Hoshi no Koe (2002) Kumo no Mukō, Yakusoku no Basho (2004) 5 Centimeters Per Second (2007) Hoshi o Ou Kodomo (2011) O xardín das palabras (2013) Kimi no Na wa. (2016) O tempo contigo (2019) Suzume (2022)
Categoría:Directores de cinema do Xapón Categoría:Nados na prefectura de Nagano Categoría:Nados en 1973