José Costa Alonso, nado en Tirán (Moaña) o 10 de marzo de 1887 e finado en Moaña o 13 de decembro de 1960, foi un sindicalista galego.
Traxectoria Presidiu a confraría de pescadores de Moaña (1921), dirixiu a sección de asuntos sociais do Sindicato Provincial da Pesca, presidiu a Federación Galega de Pósitos Marítimos e foi inspector do Instituto Social da Mariña. Foi concelleiro de Moaña durante a ditadura de Primo de Rivera. Dirixiu o xornal Galicia Marítima. Publicou diversos artigos de pesca en Faro de Vigo e as súas memorias.
Véxase tamén Bibliografía
Los pósitos de pescadores: La vida del pósito de Moaña a través de las memorias de Costa Alonso, (1921-1939).
Ligazóns externas Biografía
Categoría:Sindicalistas de Galicia
Categoría:Concelleiros de Moaña
Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes