O Stadio Tommaso Fattori é un estadio multiúsos italiano, situado na cidade de L'Aquila (os Abruzos). Actualmente os seus usos son os partidos de fútbol e rugby union, servindo de localía ao L'Aquila Calcio e L'Aquila Rugby. Ten unha capacidade de 9.285 espectadores.

Albergou algúns partidos de fútbol preliminares dos Xogos Olímpicos de 1960.

Categoría:Estadios de fútbol de Italia