Manuel Noya Gil, nado na Guarda en 1897 e finado en Oia o 25 de agosto de 1936, foi un líder anarquista e político republicano galego.

Traxectoria Irmán de Xoán Noya, era xastre. Foi militante da Federación Obrera da Guarda adscrita á CNT dende finais de 1933. Como consecuencia da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido. Coa vitoria da Fronte Popular foi nomeado alcalde da Guarda. Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado, pero foi descuberto e levado a Tui. Foi asasinado en Oia.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes da Guarda Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Guarda Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1936