Ángel de Lema Marina, nado en Vigo en 1820 e finado na mesma cidade o 9 de abril de 1884, foi un editor e impresor galego, cofundador do xornal Faro de Vigo.
Traxectoria Iniciou a súa actividade profesional coa edición de diversas publicacións, como o folleto Informe sobre el cólera morbo asiático (1848), de Nicolás Taboada Leal.
A partir do 3 de novembro de 1853 a súa imprenta dedícase case exclusivamente á edición do Faro de Vigo, fundado polos xuristas José Carvajal Pereira e José María Posada. Co tempo pasou a ser da súa propiedade, chegando a exercer como director en 1861, cargo no que foi relevado en 1881 polo seu fillo Eladio de Lema Martín (1853-1928).
Véxase tamén Bibliografía Artigo "LEMA Y MARINA, Ángel de" da GEG.
Outros artigos Faro de Vigo
Ligazóns externas "Crónica de un decanato" Faro de Vigo .
Categoría:Editores de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1820 Categoría:Finados en 1884 Categoría:Faro de Vigo