Catherine Astrid Salome "Cathy" Freeman nada en Mackay, Queensland, o 16 de febreiro de 1973, é unha atleta australiana especialista nos 400 metros lisos. A súa mellor marca persoal é de 48,63 segundos, o que a converte na novena muller máis veloz de tódolos tempos, marca que conseguiu cando quedou segunda tras Marie-José Pérec nos Xogos de 1996. Converteuse en campioa olímpica da proba feminina de 400 metros nos Xogos Olímpicos de 2000, nos cales foi a portadora da lapa olímpica.TorchRelay – Photos: Cathy Freeman lights the Olympic Flame . The Beijing Organizing Committee for the Games of the XXIX Olympiad.
Traxectoria miniatura|220px|Cathy Freeman nos Xogos Olímpicos de 2000. Foi a primeira atleta aborixe que representou a Australia nos Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta e que gañou o Campionato do Mundo de Atletismo 1997 en Atenas. Aínda segue a ostentar o récord de Oceanía nos 400m coa marca de 48 segundos e 63 centésimas acadado o 29 de xullo de 1996 nos Xogos Olímpicos de 1996.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Aborixes australianos
Ligazóns externas Páxina Oficial
Categoría:Atletas olímpicos de Australia Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Queensland Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Australia Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Australia Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Australianos de ascendencia chinesa Categoría:Australianos de ascendencia inglesa