Este artigo trata sobre o filme de animación, para a novela véxase: Notre-Dame de París.
The Hunchback of Notre Dame (en galego: O Chepudo de Notre Dame)Nome empregado pola Disney nas traducións a galego do libro baseado no filme de animación. é un filme de animación estadounidense dos estudios Disney dirixido por Gary Trousdale e Kirk Wise, e estreado en 1996. Baséase no libro Notre-Dame de París de Victor Hugo.
Sinopse Oculto ás olladas de todos os cidadáns de París, no alto do campanario da Catedral de Notre-Dame de París, vive Quasimodo. O seu titor, o xuíz Frollo, non lle permite baixar nunca do Campanario. En compaña de tres simpáticas gárgolas de pedra, Victor, Hugo e Laverne, Quasimodo pasa as horas observando o bulicioso ir e vir da xente. Ata que un día, decide baixar ás agochadas e coñece á bela xitana Esmeralda, coa que vivirá unha grande aventura.
Personaxes Tom Hulce como Quasimodo Demi Moore como Esmeralda Tony Jay como Xuíz Claude Frollo Kevin Kline como Capitán Phoebus Paul Kandel como Clopin Charles Kimbrough, Jason Alexander, e Mary Wickes como Victor, Hugo e Laverne David Ogden Stiers como O arcediano
Galardóns e nomeamentos 1996: Nomeada ó Oscar: Mellor banda sonora orixinal comedia ou musical. 1996: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor banda sonora orixinal (Alan Menken). 1996: Nomeada ós Premios Razzie: Peor filme con recadación superior ós 100 millóns de dólares.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Gary Trousdale Categoría:Filmes dirixidos por Kirk Wise