Explorer 54, tamén denominado AE-D (Atmospheric Explorer D), foi un satélite científico da NASA pertencente á serie Atmosphere Explorer lanzado o 6 de outubro de 1975 desde a base Vandenberg da Forza Aérea a bordo dun foguete Delta 2910.

Características A misión de Explorer 54 foi continuar os estudos comezados por Explorer 51 sobre os procesos procesos químicos e os mecanismos de transferencia de enerxía que controlan a estrutura e o comportamento da atmosfera terrestre e da ionosfera na rexión de máxima absorción de enerxía solar. O satélite foi inxectado nunha órbita case polar para estuda-las rexións a latitudes altas ao mesmo tempo que Explorer 55 (AE-E) estudaba as rexións ecuatoriais e a latitudes baixas.

O satélite era do mesmo tipo que Explorer 51 e usaba os mesmos instrumentos salvo o medidor de radiación solar ultravioleta e o espectrómetro de masas para ións, que si voaron no Explorer 55.

Un fallo no panel solar deu por finalizada a misión prematuramente o 29 de xaneiro de 1976, tras apenas catro meses en órbita. Para continuar coas medicións simultáneas reactivouse o Explorer 51, aínda en órbita, o 28 de febreiro de 1976. Explorer 54 reentrou na atmosfera o 12 de marzo de 1976.

Notas

Outros artigos Explorer 17 Explorer 32 Explorer 51 Explorer 55

Categoría:Programa Explorer