Mario Orjales Pita, nado na Coruña o 1 de abril de 1937 e finado en Pontevedra o 8 de xullo de 2020, foi un xurista, sociólogo e político galego.
Traxectoria Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou no Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario e ampliou coñecementos en Italia sobre a reforma agraria. Foi fundador das agrupacións culturais O Galo (1961) e O Facho (1963), e do Partido Socialista Galego (1963). Foi o candidato número dous do PSG pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 1977.Faro de Vigo, 10-5-1977, p. 23.
Faleceu por mor dun infarto. O 7 de agosto de 2020 celebrouse unha homenaxe póstuma, onde participaron Xosé Manuel Beiras e Guillermo Corral entre outros.
Vida persoal
Foi pai da diplomática e avogada Teresa Orjales Vidal.
Obras "A problemática sociolóxica das comunidades galegas", 1958, pp. 11-31, en Introdución á economía galega de hoxe, 1969, Editorial Galaxia. "Crise da casa como sistema de produción e mais de convivencia", pp. 113-144, en A Galicia rural na encrucillada, 1975, Editorial Galaxia. "A agricultura de grupo" en Galicia. Realidade económica e conflito social, 1979, Banco de Bilbao.Libro secuestrado, nunca distribuidor integramente O modelo territorial. Reflexións sobre a concentración parcelaria e a ordenación do espacio rural galego, 2003, Seminario de Estudos Galegos.Separata de Cadernos da Área de Ciencias Agrarias, v. 16, 2003, pp. 213-238. "Dualismo e dependencia en O atraso económico de Galicia", pp. 33-42, en Á beira de Beiras: ensaios e apuntamentos", 2011, Galaxia, ISBN 978-84-9865-408-0.
Notas
miniatura|Mario Orjales e a súa muller Teresa nunha viaxe familiar
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Sociólogos de Galicia Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela