Amando Losada Díaz, nado en Segán (O Saviñao) o 24 de decembro de 1908 e finado en Escairón o 9 de xaneiro de 1980, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Cursou o bacharelato no Instituto de Lugo e colaborou en Alborada e máis adiante en Heraldo de Galicia de Ourense. Licenciouse en Dereito en 1928, sendo un dos organizadores da Federación Universitaria de Estudiantes (FUE). Entre 1931 e 1936 exerceu a avogacía, foi oficial primeiro do concello do Saviñao, e coordinou a política e administración municipal na comarca de Terra de Lemos. Militou en Izquierda Republicana.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido a principios de agosto;El Pueblo Gallego, 11-8-1936, p. 2. foi encarcerado na prisión de Monforte o 31 de agosto de onde saíu o 14 de febreiro de 1938. Foi condenado en 1939 á pena de confinamento en Palas de Rei, onde residiu ata a súa morte.

O exercicio profesional levouno ao estudo e coñecemento das institucións do dereito galego, escribindo numerosos traballos, sobre todo na revista Foro Gallego, nos que analiza a compañía familiar galega, a aparcería, o dereito de labrar e posuír, as comunidades de augas e outras, destacando a súa comunicación sobre "O contrato do vitalizo", presentada no I Congreso de Dereito Galego (A Coruña, 1972). Tamén deixou un traballo inédito sobre o curso do río Miño.

Nos anos sesenta integrouse no Partido Socialista Galego. Foi vicepresidente da Comisión Mixta de Transferencias Xunta-Deputacións, membro do Consello de Cultura na provincia de Lugo e vogal da Comisión de Toponimia de Galicia.

Obras Guía del camino francés de la provincia de Lugo, con Eduardo Seijas Vázquez, 1966.

Artigos "Evolución demográfica de Palas de Rei" (revista Lucus). "Glosa del paisaje gallego" (Grial, 1955). Artigo en Homaxe da Galicia Universal (Caracas, 1955). "Los hospitales de peregrinos de Ulloa" (El Correo Gallego, 11-XI-1971).

Premio Amando Losada En 2003 o Consello da Avogacía Galega instituíu o Premio Xurídico Amando Losada para premiar un traballo xurídico en lingua galega entre avogados xoves e alumnos das escolas de práctica xurídica de Galicia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía

Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Avogados do Saviñao

Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1980 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes