Eduardo Seijas Vázquez, nado en Chantada o 23 de marzo de 1907 e finado en Palas de Rei o 22 de decembro de 1978, foi un farmacéutico, historiador e heraldista galego.

Traxectoria Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu a súa profesión en Monforte de Lemos (1930-1942) e Palas de Rei (1942-1978). Desde 1940 foi inspector farmacéutico e membro do Colexio de Farmacéuticos. Organizou os mapas hidrolóxicos das provincias de Ourense, Lugo, A Coruña, Logroño, Guipúscoa, Cidade Real e Xaén. Deixou inédita a obra Pequeña historia de un gran café.

Obras Contribución al catálogo de la flora de Lugo (comarca de Palas de Rey y Guntín), 1952. Guía del camino francés de la provincia de Lugo, con Amando Losada, 1966. Clave heráldica gallega. Clave de heráldica jacobea. Vida persoal

Casou con Carmen Fernández Fernández e foi pai de María del Carmen, Eduardo, Javier e Maruja Seijas Fernández.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info Biografía na web do concello de Chantada

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Farmacéuticos de Chantada Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Heraldistas

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes