Adiante foi o voceiro do Partido Socialista Galego entre 1965 e 1976.

Historia e características Grazas á colaboración do Moviment Socialista de Catalunya, con quen o Partido Socialista Galego establecera relación, comezouse a editar en Perpiñán a partir do mes de outubro de 1965. No primeiro número declárase: «Non somos marxistas. Somos socialistas europeos modernos. E non somos nacionalistas porque non somos reaccionarios». Ao principio é un periódico bilingüe; a partir de 1976 cambiou o seu título por Galicia Socialista e pasou a escribirse unicamente en galego. En 1988 pasou a chamarse Galiza Socialista.

Véxase tamén Bibliografía

Lorenzo, Ramallo e Casares (2008). Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia pp. 25-26. Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-96530-52-2.

Ligazóns externas Delegación do "Consello de Galiza" en París. Prensa galega archivomunicipal.betanzos.net. Adiante Ano II, nº 1 (maio de 1966) Dipòsit digital de documents de la UAB .

Categoría:Prensa escrita de Galicia Categoría:Prensa escrita en lingua galega Categoría:Prensa socialista