Netscape Navigator foi un navegador web, o primeiro comercial, produto estrela de Netscape Communications Corporation, que dominou o mercado entre entre 1996 e 1999.

Historia Desenvolveuno o equipo dirixido por Marc Andreesen, que creou o Mosaic, ao que substituíu rapidamente. Saíu ao mercado o 13 de outubro de 1994 co nome de Mosaic Netscape 0.9. Netscape Navigator creou novos estándares para a presentación de páxinas web, como táboas e marcos, e foi tamén o primeiro en incluír unha linguaxe de script, ao introducir na súa versión 2.0 JavaScript. En marzo de 1988 Netscape liberou a maioría do código fonte do navegador e o colocou baixo a licenza de software libre.

Fin de Netscape O 14 de xullo de 2003, AOL anuncióu retiraría todo o persoal de desenvolvemento que traballaba na versión de Netscape de Mozilla. En 2008 publicouse Netscape 9.0.0.6, a derradeira versión do navegador, e o 1 de marzo dese mesmo ano cancelouse o soporte, iso significa que a partir desa data non recibiu arranxos de seguridade e non se publicaron novas versións do software.

Réplicas de Netscape Algúns usuarios, aproveitando o código de Mozilla Firefox, intentaron revivir Netscape Navigator. Entre estes proxectos están Netscape Reloaded e Netstep, engadindo funcionalidade, ferramentas, e aspectos semellantes as usadas polo navegador mediante extensións.

Versións Mosaic Netscape 0.9 – 13 de outubro, 1994 Netscape Navigator 1.0 – 15 de decembro, 1994 Netscape Navigator 2.0 – 18 de setembro, 1995 Netscape Navigator 3.0 – 19 de agosto, 1996 Netscape Navigator 4.0 (coñecido como Netscape Communicator) – xuño 1997 Netscape Navigator 5.0 – Cancelada Netscape Navigator 6.0 – 14 de novembro, 2000 Netscape Navigator 7.0 – 2002 Netscape Navigator 8.0 – maio, 2005 Netscape Navigator 9.0 – outubro, 2007

Véxase tamén

Outros artigos Mosaic Mozilla Application Suite

Ligazóns externas Páxina oficial do navegador

Categoría:Navegadores web Categoría:Sitios web mortos Categoría:Soporte lóxico multiplataforma