Bianca e Falliero, o sia Il Consiglio dei Tre (en galego, Bianca e Falliero, ou o Consello dos Tres) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Felice Romani baseado na obra de Antoine-Vincent Arnault Les Vénitiens ou Blanche et Montcassin. Foi estreada o 26 de decembro de 1819 no Teatro alla Scala de Milán.

Bianca e Falliero é a ópera número 30 do catálogo rossiniano, ocupa unha posición particular, de fronteira ou punto intermedio na traxectoria do compositor: é a quinta e última do compositor para o Teatro alla Scala de Milán, teatro no que Rossini trabaxara, de xeito intermitente mais con notables resultados, dende La pietra del paragone de 1812 a La gazza ladra de 1817, pasando por Aureliano in Palmira e Il turco in Italia. A súa última achega ao repertorio do teatro milanés clausura unha etapa de oito anos (1812-1819) frenéticos, vertixinosos, de auténtica galera, durante os cales compuxo nada menos que 27 óperas dos xéneros máis diversos, innovando e experimentando coas formas, e creando un paradigma operístico que gravitou sobre a creación lírica italiana e europea ata ben avanzado o Romanticismo. Logo de Bianca e Falliero, composta para a inauguración da tempada milanesa do Carnaval de 1819-1820, a nova década será testemuña dunha diminución radical do esforzo creativo de Rossini, que ata a súa retirada dos escenarios con Guillaume Tell (1829) compuxo nada máis que nove óperas (e varias delas son en realidade óperas anteriores reformadas), a unha por ano, primeiro en Italia e, logo da paréntese viaxeira de 1824, finalmente en París.

Esquecida durante século e medio, a súa recuperación en Pésaro en 1986, nunha produción de Pizzi con Horne, Ricciarelli e Merritt, gravada en disco, non supuxo un paralelo relanzamento nos escenarios internacionais similar ao que tiveron outras obras rossinianas (aínda que en Pésaro foi reposta no ano 1989), a pesar de gozar dunha edición nova discográfica por parte de Opera Rara no ano 2000. Porén, aínda poden escoitarse algúns fragmentos de cando en vez, como o cuarteto do momento cume da obra Cielo, il mio labbro ispira, e se cadra a aria de soprano Della rosa il bel Vermiglio.La ópera de la A a la Z, Keith Anderson, Naxos p.79

Esta ópera case non se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase cunha soa representación no período 2005-2010.

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 26 de decembro de 1819(Director: -)Bianca (filla de Contareno)sopranoViolante CamporesiCapellio (senador) baixoGiuseppe FioravantiContareno (senador)tenorClaudio BonoldiCostanza (enfermeira de Bianca)sopranoAdelaide GhinzaniFalliero (xeneral de Venecia) contraltoCarolina Bassi-MannaPriuli (dogo de Venecia)baixoAlessandro De AngeliPisanitenorFrancesco Antonio BiscottiniLoredano (senador)papel faladoSenadores, nobres, oficiais de xustiza, soldados, serventes

Argumento Bianca ama a Falliero, un xove xeneral veneciano, mais seu pai prometeuna a Capellio. Bianca négase a asinar o contrato de voda, mais Falliero, que a apoiou, refúxiase na Embaixada Española, rompendo a lei de Venecia. Falliero debe ser xulgado polo consello de tres que figuran no título da ópera. Capellio, pai de Falliero e outro oficiall, percibe a sinceridade de Bianca, liberando a Falliero e rematando a ópera cun final feliz.

Orquestración A partitura de Rossini prevé a utilización de: 2 frautas (tamén piccolos), 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots. 4 trompas, 3 trompetas, 3 trombóns. timbais, bombo e pratos, ferriños. Archi.

Para os recitativos: piano (violonchelo e contrabaixo ad libitum).

Estrutura Sinfonía. Acto I 1 Introduzione Dalle lagune adriatiche (Coro, Contareno, Capellio). 2 Coro e Cavatina Viva Fallier - Se per l'Adria il ferro strinsi (Falliero). 3 Coro e Cavatina Negli orti di Flora - Della rosa il bel vermiglio (Bianca). 4 Cavatina Pensa che omai resistere (Contareno). 5 Duetto Sappi che un dio crudele (Bianca, Falliero). 6 Finale Fausto Imene e di gioia cagione (Coro, Contareno, Capellio, Bianca, Falliero). Acto II 7 Duetto Và, crudel (Falliero, Bianca). 8 Duetto Non profferir tal nome (Contareno, Bianca). 9 Coro e Aria Qual notte di squallore - Alma, ben mio, sì pura (Falliero). 10 Cavatina Tu non sai qual colpo atroce (Falliero). 11 Quartetto Cielo, il mio labbro inspira (Bianca, Falliero, Contareno, Capellio). 12 Coro Vieni, per te tremante. 13 Cavatina Teco resto (Bianca).

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Milán Categoría:Óperas estreadas no Teatro alla Scala Categoría:Óperas de 1819