Red Lights é un filme hispano-estadounidense dirixido por Rodrigo Cortés que se estreou no 2012. Está protagonizado por Robert De Niro, Sigourney Weaver e Cillian Murphy.
Sinopse A historia céntrase nunha psicóloga e no seu axudante, que estudan as actividades paranormais para tentar descubrir que en realidade non o son. Ámbolos dous tratan de investigar a un afamado psíquico que volveu á actuar despois de trinta anos retirado.
Personaxes Robert De Niro como Simon Silver Sigourney Weaver como Margaret Matheson Cillian Murphy como Tom Buckley Joely Richardson como Monica Handsen Elizabeth Olsen como Sally Owen Craig Roberts como Ben Toby Jones como Dr. Paul Shackleton Burn Gorman como Benedict Cosell
Notas
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Rodrigo Cortés Categoría:Filmes paranormais Categoría:Filmes de Nostromo Pictures