A bandeira de Belize foi adoptada o 21 de setembro de 1981, tras conseguir a independencia do Reino Unido. Está composta por un pano azul marcado por dúas franxas vermellas nas beiras superiores, e no centro un disco branco no que está inscrito o escudo de Belize.

A cor azul representa ó Partido Unido. As franxas vermellas, ó partido opositor e as cincuenta follas, a subida ó poder do PUP.

Esta bandeira remóntase a 1950 cando o territorio da Honduras Británica, no seu proceso de independencia, adoptou unha bandeira moi semellante á actual, pero carente das franxas vermellas.

Outras bandeiras

Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira de Belize en Flags of the World

Categoría:Símbolos de Belize Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1981 Categoría:Bandeiras introducidas en 2019