Christopher Pallas Lorenzo, nado en Xenebra o 19 de xaneiro de 1987, é un futbolista galego. Xoga de porteiro e o seu club actual é o Arzúa, da Terceira División RFEF.
Traxectoria Naceu na cidade suíza de Xenebra, sendo seu pai de Cerceda e súa nai de Carballo. Tras instalarse a familia en Carballo, criouse futbolisticamente na canteira do Bergantiños FC, pasando logo polos equipos xuvenís do Montañeros e a Cultural Leonesa. Xogou despois varios anos no Cerceda, onde gañou a titularidade e onde se converteu nun dos mellores porteiros da Terceira División, disputando ata catro fases de ascenso a Segunda División B.
Na tempada 2013/14 volveu ao Bergantiños, naquel momento en Preferente, e tras lograr o ascenso ese mesmo ano, xogou seis tempadas máis co club carballés en Terceira División, exercendo como capitán e disputando outras tres fases de ascenso a 2ª B e unha histórica eliminatoria de Copa do Rei fronte ao Sevilla no estadio de Riazor.
En agosto de 2020, despois de non ser renovado polo Bergantiños, fichou polo Betanzos CF.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en futbolme.com . Datos do xogador en resultados-futbol.com . Datos do xogador en lapreferente.com .
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Xenebra Categoría:Futbolistas da provincia da Coruña Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Bergantiños FC Categoría:Xogadores do CCD Cerceda Categoría:Xogadores do Betanzos CF Categoría:Xogadores do CSD Arzúa