Xosé María Alonso Cortón,Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo. nado en Lugo 19 de marzo de 1874 e finado na Habana o 29 de novembro de 1923, foi un sacerdote e profesor galego.

Traxectoria Estudou no Seminario de Lugo e ingresou na Compañía de Xesús con dezaoito anos e cursou o noviciado en Carrión de los Condes (Palencia). Foi profesor de Química, Historia Natural e Matemáticas no Colexio de Belén na Habana. Foi un gran defensor do labor civilizador e relixioso de España en América.

Obras Todas elas publicadas na Habana: Introducción al estudio de la Historia Natural. Biología, 1921. Nociones de Geometría, 1923. Fisiología Humana, 1924 (póstumo).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Artigo "ALONSO CORTÓN, José María" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Lugo Categoría:Xesuítas de España Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1923 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos