José Pan de Soraluce Español, nado na Coruña o 14 de maio de 1875 e finado en Madrid o 19 de marzo de 1948, foi un avogado, político e diplomático galego.
Traxectoria Despois de finalizar os estudos diplomáticos desempeñou en París os cargos de vicecónsul e cónsul. Escribiu crónicas xornalísticas que se publicaron no xornal coruñés El Noroeste baixo o pseudónimo de "Micromegas". Regresou á Coruña, foi deputado provincial e despois da dimisión de Casimiro Torre Sánchez-Somoza elixírono presidente da Deputación da Coruña o 2 de decembro de 1913. Dirixiu El Orzán e foi elixido deputado en Cortes (1918-1919), e despois senador pola provincia da Coruña (1921-1922). En 1930 nomeárono subsecretario do Ministerio de Economía Nacional. Despois da súa actividade política, volveu á carreira diplomática e foi destinado a embaixadas de diversos países.
Trala guerra civil foi conselleiro do Ministerio de Industria e xefe da sección europea da Dirección Xeral de Política do Ministerio de Asuntos Exteriores.
Obras La ciudad encantada, 1908.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info Ficha no Senado
Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes