Johan Nygaardsvold, nado o 6 de setembro de 1879 e finado o 13 de marzo de 1952, foi un político que ocupou o cargo de primeiro ministro de Noruega entre o 1935 e o 1945 (dende 1940 a 1945 no exilio, en Londres), como xefe do goberno Nygaardsvold.

Traxectoria Nado na vila de Hommelvik, Nygaardsvold enmigrou ao Canadá e despois aos Estados Unidos de América, países onde traballou na industria de madeira. Volveu a Noruega en 1907, ingresou no Partido Laborista o 1910, e foi elixido para o parlamento por primeira vez o 1916. Foi ministro de agricultura o 1928. O 1935 foi convidado para formar un novo goberno que funcionou en Oslo até 9 de abril de 1940, día en que Noruega caeu baixo a ocupación alemá. Nygaardsvold exiliouse en Londres, dende onde gobernou. Co final da segunda guerra mundial, el volveu a Oslo o 31 de maio de 1945. O 26 de xuño do mesmo ano, renunciou.

Nygaardsvold permaneceu na política até o 1949. O 1952, morreu de cancro.

Véxase tamén Ligazóns externas Stortinget.no – Johan Nygaardsvold (biografía) na páxina do Parlamento noruegués.

Categoría:Primeiros ministros de Noruega Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1952 Categoría:Nados no condado de Sør-Trøndelag