O mapa de Piri Reis é un fragmento dun mapa elaborado polo almirante e cartógrafo otomán Piri Reis en 1513. Piri Reis naceu en Galípoli por 1470 (non sabe a data certa) sendo sobriño dun célebre corsario, Kemal Re'is, que acompañou desde moi novo na súas correrías mariñas, participando nas campañas navais contra Venecia e na conquista da illa de Rodas en 1523. Dous anos antes destes feitos publicara o Libro das Materias Mariñas, cunha exhaustiva información que facía referencia exclusivamente ao Mediterráneo. Unha nova versión ampliada, dedicada ao sultán Suleiman, concluíu en 1526, cunha dedicatoria en verso na que contaba a historia de
Nela referíase tamén ao mapa que el mesmo debuxara anos atrás e co que obsequiara a Selim I no Cairo. Nas marxes detalla as súas fontes: un mapa de Cristovo Colón, encontrado nun barco español apresado en 1501, e catro mapas portugueses máis recentes. Ademais contou cos informes dun mariño que participara nas primeiras viaxes colombianas, posteriormente capturado polo seu tío, feito escravo.VV. AA., Cartografía histórica del encuentro de dos mundos, Instituto Nacional de Estadística, Geografía e Informática, México e Instituto Geográfico Nacional, España, 1992, ISBN 84-7819-044-9, páxs. 71-74.
Por conter aparentes representacións de terras entón descoñecidas e a raíz dos propios escritos de Reis indicando que outras das súas fontes foran "os antigos reis do mar", suscitou grande interese como «enigma». É, por outro lado, a mellor testemuña dos mapas que debuxou Colón das terras por el descubertas, dos que tan só se conservou un pequeno esbozo do norte da Española. O orixinal consérvase no Museo Topkapi Sarayi de Istanbul onde se localizou en 1929, aínda que non adoita estar exposto ao público.
Descrición O mapa está pintado en coiro de gacela, cun tramado de liñas que atravesan o océano Atlántico. Chamadas liñas de rumbo son típicas das cartas dos mariños medievais tardíos e non indican latitude e lonxitude, senón que se usan como axuda para establecer direccións (hoxe en día úsanse tamén na aviación). No bahriye (comentario marxinal) anotou: "Un mapa desta clase non o posúe actualmente ninguén". O mapa inclúe traballados debuxos, acompañados de inscricións que indican descubrimentos importantes. Un deles correspóndese, case con total certeza, coa expedición de Pedro Álvares Cabral de 1500. Crese que Cabral "descubriu" Brasil cando os ventos o sacaron da súa ruta, nunha viaxe ás indias orientais.
A Península Ibérica e a costa de África occidental están debuxadas con moito tino, case como nas cartas portolanas. É frecuente que reciba o nome de "portolano", a pesar de que non o sexa stricto sensu. Moitos dos nomes destas rexións están en turco, sen transliterar do castelán ou o portugués. No alto do mapa hai un barco ancorado xunto a un peixe, con dúas persoas sobre o seu lombo: unha clara referencia á lenda medieval de San Brandán de Irlanda. Como está copiado coidadosamente dun dos seus mapas fonte, evidencia que polo menos un dos mapamundis mencionados por Piri Reis era unha produción europea medieval e non un mapa dos "antigos reis do mar".
Descubrimento miniatura|300px|Vista do Palacio Topkapi desde o Bósforo.
En 1929, o Palacio de Topkapi, en Istanbul, Turquía, estaba en proceso de ser convertido en museo. Un grupo de eruditos que traballaban clasificando material na sección de arquivos do Imperio Otomán fixo un descubrimento notable: unha sección dun mapa de principios do século XVI baseada, en aparencia, en cartas debuxadas por Cristovo Colón na súa viaxe ao Novo Mundo.Lunde, Paul. Piri Reis and the Columbus map. pp 8-25. Saudi Aramco World Magazine, Houston (maio e xuño de 1992)
O achado foi presentado á comunidade científica dous anos despois polo orientalista alemán Paul Kahle no 18º congreso da especialidade, e causou unha profunda impresión. O portolano presentaba unha inscrición particularmente relevante:Lunde
De acordo coa investigación subsecuente, a historia do mapa comezou en 1501, nove anos despois do descubrimento de Colón, cando Kemal Reis, capitán da frota otomá, capturou sete naves cerca das costas de España, e descubriu mediante interrogatorio aos tripulantes que un deles, que viaxara co Almirante ao Novo Mundo, posuía un mapa debuxado por Colón en persoa. Kemal enviou o mariñeiro ao seu sobriño Piri, tamén capitán naval e cartógrafo.
En 1511, Piri Reis empezou a deseñar un novo mapa que contería todos os recentes descubrimentos ibéricos. Usou unhas vinte fontes cartográficas, das cales se coñece a procedencia de catorce: catro (por entón novidosas) cartas portuguesas, oito tolemaicas,Reis confunde a Claudio Tolomeo, cosmógrafo do século II d. C., co xeneral macedonio Tolomeo I, crendo que a súa fonte era da época de Alexandre Magno. unha árabe e a colombiana entregada polo mariñeiro español capturado. A carta arábiga describía a India; as portuguesas, América, o océano Índico e a China; a de Colón, o Caribe. Non se determinou a que cartas tolemaicas se refería.
En 1517 presentoulle o seu mapa ao sultán Solimán o Magnífico, que, impresionado, retribuíno ascendéndoo a almirante. En 1521 produciu outra contribución á cartografía mundial: unha cartilla de guía das costas e illas do mar Mediterráneo, publicada baixo o nome de "Kitab-i Bahriye" ("O libro do mariñeiro"). Incluía un reconto do descubrimento do Novo Mundo por Colón, virtualmente idéntico a unha extensa descrición no lado esquerdo do portolano. Esta obra foi de suma axuda para os peritos que intentaban determinar a autenticidade do mapa de Reis, que chegaron a unha conclusión positiva.
Piri retirouse a Galípoli, e traballou durante os seguintes tres anos reducindo os mapas fonte a unha mesma escala, o que era un labor moi dificultoso. Ao rematalo, agregou esta inscrición:
miniatura|300px|Mapa de Bartolomeu Colón das Indias Occidentais (1506) segundo o esquema de Alessandro Zorzi.
Até o descubrimento do mapa de Piri Reis, había unicamente dúas fontes cartográficas —ambas indirectas— para comprender cal era a visión de Cristovo Colón sobre os seus propios descubrimentos. Unha destas era un bosquexo recollido nun códice de 1522 por Alessandro Zorzi, cartógrafo de Venecia, que dixo que se baseaba nun mapa traído por Bartolomeu Colón (irmán do descubridor) en 1506. Pero o mapa de Zorzi contiña información que nese ano era descoñecida e polo tanto non pode usarse para deducir como eran os conceptos xeográficos do Almirante, aínda que amose o Novo Mundo como unha parte de Asia.
miniatura|esquerda|200px|Mapamundi de Juan de la Cosa (1500). Cuba xa aparece como unha illa.
O único outro mapa supervivente da época é o debuxado por Juan de la Cosa, membro da primeira expedición colombiana de 1492, que posteriormente navegaría tamén con Américo Vespucio.Pohl, Frederick. Amerigo Vespucci Pilot Major. p 49. Octagon Books, Nueva York (1966) Pero este mapa —datado en 1500— amosa correctamente Cuba como unha illa, mentres que Colón non só cría que Cuba era unha península asiática, senón que llo fixo xurar aos seus tripulantes por medo ás consecuencias do feito de ter arribado a unha illa e non a un continente (a expedición partira de España co propósito de atopar unha ruta cara ás Indias a través do Atlántico).
O mapa e os seus relatos deberon ser moi útiles para o goberno otomán: demostraban que as novas rutas descubertas polos exploradores hispanos e lusitanos supoñían unha ameaza para o dominio turco dos mares do océano Índico e o Golfo Pérsico. Moitos anos despois, en 1551, o mesmo Reis foi posto ao mando dunha frota coa misión de espantar as forzas portuguesas que frecuentaban o Golfo.
É por estes motivos que a conferencia de Paul Kahle en 1931 sobre o mapa sorprendeu á súa audiencia e tivo unha gran repercusión. Parecía case milagroso que o único rexistro cartográfico directo do descubrimento de América se preservara nunha biblioteca de Istanbul, e que debamos a súa conservación a un pirata da mariña otomá. Mais a pesar da dimensión do descubrimento documental, a súa atracción disipouse rapidamente. Poucos investigadores desde a época de Kahle examinaron con detalle os compoñentes colombianos do mapa de Reis, e a cuestión de até que punto representa as ideas do descubridor non está resolta en absoluto. Imago Mundi, por exemplo, unha das máis importantes revistas sobre a historia da cartografía, xamais dedicou un artigo propio ao mapa de Piri Reis. miniatura|270px|Hipótese que intenta correlacionar o contorno inferior do mapa de Piri Reis co da costa patagoa arxentina e as Illas Malvinas. miniatura|270px|Outra hipótese, menos aceptada, que intenta correlacionar o contorno americano do mapa de Piri Reis co da costa venezolana e brasileira.
Análises Porción meridional de América A maioría dos eruditos considera que as alegadas similitudes do perfil meridional do mapa de Reis co da costa antártica son en extremo tenues e coincidentes. Durante séculos, antes do descubrimento do continente branco no século XIX, os cartógrafos debuxaran unha gran masa austral de terra (a Terra Australis Incognita) baseados na presunción de simetría esixida por Aristóteles e Eratóstenes, entre outros naturalistas gregos; a masa meridional do mapa de Reis podería ser unha continuación desta tradición. Nun principio críase que o extremo sur de Suramérica e o de, unha vez descuberta, Australia, debían estar unidos a esta gran terra polar, da que se pensaba que era moito maior do que realmente é.
Suxeriuse que a suposta Antártida que figura na parte meridional do mapa non é outro perfil que o da costa patagoa oriental, xirada en sentido antihorario uns noventa graos debido a errores nos mapas portugueses nos que Reis se baseou (entre os navegantes da Península Ibérica era común o modificar substancialmente a lonxitude posicional dos territorios para situalos a un lado ou a outro do límite asignado polo Tratado de Tordesillas), ou por limitacións de espazo no pergameo de gacela que serve de substrato para o debuxo. En efecto, puido darse o caso de que Piri Reis, ou o escriba que copiou a súa obra, reparase en que ao chegar ao Río da Prata, se estaba acabando a valiosa pel de gacela. Neste momento podería ter xirado a liña costeira cara ao leste e ter descrito un semicírculo que lle coubera no coiro. Este tipo de prácticas eran moi habituais na época.Coughi, Diego. I Misteri della mappa di Piri Reis. Uno studio sulle controverse mappe di Piri Reis, Orontius Finaeus e Philippe Buache apud Polidoro, Massimo.Gli enigmi della storia. Edizioni Piemme, Milán (2003)Dutch, Steven. The Piri Reis Map.
Un exame minucioso do bordo costeiro apoia esta visión, revelando representacións das bocas e angosturas do Estreito de Magalláns e zonas próximas, os principais golfos e baías, e as Illas Malvinas (o arquipélago cuxa illa principal é chamada por Reis "illa de Sare"); a zona da gran baía ou golfo intermedio correspondería ao Río da Prata, e o punto máis oriental da costa, ao extremo meridional da Arxentina, en Terra do Fogo. Ademais, as anotacións do mapa, que indican que a área é calorosa e habitada por serpentes, non encaixan na suposición de que se trata da Antártida, pero si na hipótese patagoa. Ao mesmo tempo, unha nota sobre as alegadas Malvinas di que alí a primavera "chega antes", o cal non é certo para os territorios insulares ao sur da Converxencia Antártica.Dutch
Gregory McIntosh