Francisco Diago, nado en Viver (Castelló) en 1562 e finado o 23 de maio de 1615, foi un estudoso do medievo coñecido polas haxiografías e polos seus libros históricos.
Obtivo o doutoramento e a cátedra de teoloxía. Levou a cabo diferentes estudos de carácter histórico que deron lugar a un número importante de publicacións, entre as que cabe destacar as seguintes: Historia de la vida y milagros, muerte y discípulos de San Vicente Ferrer (1600); Historias de los victoriosísimos, antiguos Condes de Barcelona (1603); Anales del Reyno de Valencia (1613).
Morreu o 23 de maio de 1615 á idade de 53 anos, tendo sido nomeado por Filipe III, un ano antes, cronista maior da Coroa de Aragón.
Véxase tamén Ligazóns externas Vista previa de Historia de la vida, milagros, muerte y discipulos del bienauenturado predicador apostolico Valenciano S. Vincente Ferrer. Índice. Texto de Anales del Reyno de Valencia.
Categoría:Coroa de Aragón Categoría:Teólogos Categoría:Historiadores de España Categoría:Nados en Viver Categoría:Nados en 1562 Categoría:Finados en 1615 Categoría:Cronistas de Aragón