Alumizine é o nome dun propelente feito a base dunha mestura ao 43% de po de aluminio suspendido en hidracina cun axente xelificante co fin de aumentar a temperatura de combustión debido á alta entalpía de formación do óxido de aluminio como produto da combustión. O seu uso foi proposto para foguetes a finais dos anos 1960, pero nunca chegou a ser usado en voos reais, tan só en probas en terra. As razóns para iso foron as dificultades para desenvolver válvulas que poidan manexar sen fugas a mestura xelificada e a posible perda de rendemento ao tratarse dun propelente con dúas fases.
Notas
Categoría:Propelentes