As , coñecidas en xaponés como e tamén coñecidas como , son un arquipélago de illas xaponesas que se espallan dende o sur de Kyūshū ata Taiwán. A illa de Okinawa é a maior do arquipélago.
Historia miniatura|dereita|Proposta de bandeira nacional do goberno de Ryukyu de 1950 Antigamente foi un reino independente, mais foi ocupado pola China no século -VII. Ficou sometida ós chineses ata 1609, ano no que foi invadida polos xaponeses. No 1879 foron anexionadas definitivamente ao Xapón dentro da prefectura de Okinawa e aboliuse a monarquía. Cando remata a segunda guerra mundial, da cal foi centro de operacións, o arquipélago foi ocupado militarmente polos Estados Unidos no 1945, que a administraron fiduciariamente de acordo co tratado de San Francisco de 1951, e fixeron de Okinawa unha poderosa base militar. Previamente, o 25 de xaneiro de 1950, o goberno das illas propuxera a independencia e unha bandeira nacional, que non foron aceptadas polos Estados Unidos. En 1953 a parte setentrional (Amami) foille devolta ó Xapón, e o resto, en 1972.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Reino de Ryukyu Linguas ryukyuanas Pobo ryukyu