A rúa Reconquista é unha rúa da cidade olívica que debe o seu nome, dende maio de 1882, á conmemoración da expulsión do exército francés, o 28 de marzo de 1809, por parte dos vigueses. Liga a rúa Policarpo Sanz coa praza de Compostela.
Urbanismo É curta, duns 150 metros de largo e entre 13 e 15 metros de ancho. Inclinada e formada por catro mazás, dúas a cada lado. De sentido único ascendente para o tráfico rodado. miniatura|140px|Placa no edificio onde viviu Plácido Castro. Comeza na alameda da praza de Compostela, rúa Victoria. Na esquina dos pares está o edificio de Correos e Telégrafos, obra de 1920 de Manuel Gómez Román.Casa de Correos y Telégrafos de Vigo Na dos impares, no n.º 1, están as instalación nas que se fundou a Editorial Galaxia no ano 1951, edificio Iglesias Curty, do arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez.
Ascende cara ao sur, atravesando a rúa Marques de Valladares. Nunha desas esquinas álzase o edificio Banca Viñas Aranda, obra de 1941 de Antonio Palacios,Edificio Banca Viñas-Aranda que logo sería sede do Banco de Vigo, posteriormente adquirido polo Banco Popular. Na outra o inmoble da Equitativa, proxectado en 1948 por Manuel Cabanyens y Mata.Edificio da Equitativa en TurGalicia.
Remata na rúa Policarpo Sanz. Na esquina oeste, ocupando todo o quinteiro, érguese o Teatro García Barbón, de 1927, obra tamén de Palacios e sede do Centro Cultural Caixanova. Na leste atópase a Casa das Artes, sede da Fundación Laxeiro e o Arquivo Pacheco.
No número 11 desta rúa, viviu desterrado o escritor galego Plácido Castro,Galicia, un País no Mundo Xornal.Vigo.org «a voz que acadou o recoñecemento internacional de Galicia como nación».Segundo unha placa na propia beirarrúa.
Galería de imaxes
miniatura|175px|Caixa do correo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Plan Especial de Protección do Ensanche e a Cidade Central Concello de Vigo, 2007. Outros artigos Reconquista de Vigo
Ligazóns externas Camiña e coñece, o camiño das letras Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
Categoría:Rúas de Vigo