Gonzalo Javier Rodríguez, nado en Buenos Aires o 10 de abril de 1984, é un exfutbolista arxentino.

Traxectoria Nado en Buenos Aires, comezou a súa carreira profesional no San Lorenzo da Primeira División arxentina no ano 2002.

En xullo de 2004 fichou polo Villarreal CF. Foi titular indiscutíbel nas dúas primeiras tempadas, e renovou o seu contrato por cinco anos.Villarreal refresh Rodríguez contract; UEFA.com, 27 de xaneiro de 2006 Porén, sufriu unha grave lesión ao mancarse o ligamento cruzado do seu xeonllo dereito. Tras xogar de novo en abril de 2007, sufriu a mesma lesión dous meses máis tarde.Grim news for Gonzalo at Villarreal ; UEFA.com, 14 de xuño de 2007 Na tempada 2008-09 Rodríguez volveu nun grande estado de forma, xogando en 48 partidos de liga nas dúas seguintes tempadas, co Villarreal clasificándose para a UEFA Europa League, rematando a liga en quinta e sétima posición respectivamente.

Notas

Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro Categoría:Xogadores do Villarreal CF