Out of Step é o terceiro EP (aínda que outras fontes falan del como un álbum) da banda estadounidense de hardcore punk Minor Threat, editado en abril de 1983 a través do selo Dischord Records. Aínda que Out of Step nunca foi publicado oficialmente en CD, todos os temas do disco están dispoñibles no seu recompilatorio de 1989 Complete Discography.

Mentres que as letras dos seus EPs anteriores eran unha saída para a "mensaxe" de Ian, as de Out of Step falan principalmente da amizade (ou de problemas asociada con ela). A versión orixinal en vinilo do disco é lixeiramente distinta á do recompilatorio Complete Discography; destaca sobre todo a guitarra na ponte e o berro de Ian no final de "Out of Step" que foron quitados no recompilatorio en CD.

O álbum aparece mencionado no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die. Pitchfork Media colocouna no posto 100 dos seus 100 mellores álbums dos anos 80.

Listaxe de cancións

Persoal Ian MacKaye - voces Lyle Preslar - guitarra solista Brian Baker - guitarra rítmica Steve Hansgen - baixo Jeff Nelson - batería

Produción Don Zientara; Minor Threat - produtores Skip Groff - mestura Don Zientara − gravación Cynthia Connolly - portada Jeff Nelson - deseño gráfico

Notas

Categoría:Álbums de Minor Threat Categoría:Álbums musicais de 1983 Categoría:Álbums de Dischord Records