Éver Maximiliano David Banega, nado o 29 de xuño de 1988 en Rosario, é un futbolista arxentino. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Sevilla FC.

Traxectoria Boca Juniors Banega deu os seus primeiros pasos coma xogador no Boca Juniors, chegando ao primeiro equipo aos 18 anos, e gañando recoñecemento inmediatamente debido ás súas actuacións e en especial ás súas asistencias na Primeira División. Tras a fichaxe do seu compañeiro Fernando Gago polos Real Madrid en xaneiro de 2007, foi nomeado coma o seu sucesor, malia a súa curta idade."Gago me dijo que nunca me olvide de jugar" ("Gago told me to never forget to play") ; Olé Banega fixo o seu debut coma profesional na vitoria por 4-0 contra o Club Atlético Banfield o 10 de febreiro de 2007.

Valencia O 5 de xaneiro de 2008, Banega fichou polo Valencia CF por cinco anos e medio, a cambio de 18 millóns de euros. Fixo o seu debut no Valencia en xaneiro de 2008, saíndo ao campo tras o descanso na derrota por 0-1 contra o Atlético de Madrid.

Banega foi cedido ao Atlético de Madrid para a tempada 2008-09.Banega swaps Valencia for Atlético; UEFA.com, 28 de agosto de 2008 Fixo o seu debut oficial na vitoria por 3-0 contra o PSV Eindhoven na primeira fase da UEFA Champions League desa mesma tempada.Aguero brace sinks Eindhoven ; ESPN Soccernet, 16 de setembro de 2008 Porén, non se asentou no once titular do equipo, e mesmo quedou fóra da convocatoria en varias ocasións.

Na seguinte tempada volveu ao Valencia, e fíxose cun posto no once titular, e cun papel moi importante dentro do equipo, ata que o 19 de febreiro de 2012, foi operado da súa perna esquerda tras ser atropelado polo seu propio coche.Valencia and Argentina star Ever Banega run over by own car after failing to set handbrake; Fox Sports, 20 de febreiro de 2012

Estatísticas ClubTempadaLigaCopaEuropaTotalPXGolesPXGolesPXGolesPXGolesValencia2007–081202000140Total1202000140Atlético Madrid2008–091210050171Total2414030311Valencia2009–1036220704522010–1127221403332011–121308140251Total8841222001226Carreira11251722301487

Palmarés Club Boca Juniors Copa Libertadores: 2007

Valencia Copa do Rei: 2007-08

Selección Copa Mundial de fútbol sub-20: 2007 Xogos Olímpicos: 2008

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Éver Banega en valenciacf.com Perfil en BDFutbol

Categoría:Nados en Rosario Categoría:Nados en 1988 Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do CA Newell's Old Boys Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Futbolistas olímpicos da Arxentina Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Arxentina Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008