220px|miniatura|Cranio de diplodoco. Diplodoco é o nome co que se coñecen as especies pertencentes ao xénero Diplodocus,Do grego διπλός diplós "duplo, dupla" e δοκός dokós "trabe" é dicir, viga dupla". (Liddell & Scott (1980): Greek-English Lexicon, Abridged Edition. Oxford University Press, Oxford, UK. ISBN 0-19-910207-4.) dinosauros da familia dos diplodócidos, que viviron a finais do período Xurásico, hai aproximadamente de 150 a 147 millóns de anos no que hoxe é Norteamérica.

Características Eran uns dinosauros enormes, que se contan entre os maiores animais terrestres que existiron na Terra, pois medían entre 27 e 45 m e chegaban a pesar entre 30 e 50 t, aínda que saurópodos posteriores do Cretáceo, como o Argentinosaurus, os superaban, sobre todo no peso.

Os fósiles de Diplodocus encontráronse no oeste dos Estados Unidos de América (Colorado, Montana, Utah e Wyoming).

Os primeiros restos foron descubertos en 1877 por Samuel Wendell Williston, que os denominou Diplodocus ("os de dupla viga") en referencia á forma das vértebras da parte inferior da cola. Pensouse que estes ósos eran exclusivos dos Diplodocus, porén, acháronse tamén noutros membros da familia dos diplodócidos e en sauropódos non diplodócidos, como Mamenchisaurus.

Tiñan un pescozo e un rabo moi longos, cun corpo baixo, e camiñaba sobre as catro patas. A pesar do seu gran tamaño, tiñan unha cabeza moi pequena, con dentes así mesmo moi pequenos.

É probábel que pastaran nas grandes chairas de felgos e cicadáceas da súa época, chegando a consumir tamén as árbores de baixa altura, xa que non podía subir moito o seu pescozo.

Especies Diplodocus longus Marsh (especie tipo) Diplodocus carnegiei Hatcher, 1901 Diplodocus hallorum (Gillette, 1991) Lucas et al., 2004 Diplodocus hayi Holland, 1924

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Diplodocus Diplodocus fossil picture

Categoría:Dinosauros Categoría:Fósiles descritos en 1878