O distrito de Manafwa é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación principal, Manafwa.

Limita co distrito de Bududa polo norte, coa República de Kenya polo leste e sur, co distrito de Tororo polo suroeste e co distrito de Mbale polo oeste.

A súa extensión é duns 451 km2. Foi creado en 1999 e formaba parte do distrito de Mbale, coma o distrito de Sironko. No 2006, a parte norte do distrito pasou a formar o distrito de Bududa.

Segundo o censo do ano 2002, tiña unha estimación de poboación de 264.000 habitantes. Mais no ano 2006, coa formación do distrito de Bududa estímase que descendeu a súa poboación en 146.000 habitantes. Para o 2010 tiña unha estimación de poboación de aproximadamente 153.000 habitantes.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Distrito Manafwa

Manafwa