Steel é un filme estadounidense dirixido por Kenneth Johnson que se estreou en 1997. O filme está protagonizado por Shaquille O'Neal, que interpreta o protagonista Irons e o seu alter ego Steel, Annabeth Gish, que é a súa compañeira en cadeira de rodas Susan Sparks, e Judd Nelson como o seu rival Nathaniel Burke.

Sinopse Un militar corrupto pon nas rúas unhas innovadoras e perigosas armas. John Hery (Shaquille O'Neal), un deseñador de armas que traballa para o exército norteamericano, converterase na única esperanza que terán os desesperados cidadáns para loitar contra as bandas que asolan as rúas. Contará para iso coa axuda dunha experta en electrónica (Annabeth Gish) e coa imaxinación dun traballador do metal (Richard Roundtree). Xuntos formarán un equipo de aceiro co que Hery poderá enfrontarse ó malvado militar.

Personaxes Shaquille O'Neal como John Henry Irons / Steel Annabeth Gish como Susan Sparks Judd Nelson como Nathaniel Burke Richard Roundtree como Tío Joe Irma P. Hall como Avoa Odessa Ray J como Martin Charles Napier como Coronel David Kerrie Keane como Senador Nolan Thom Barry como Sarxento Marcus Hill Harper como Slats George Lemore como Cutter Rutanya Alda como Mrs. Hunt

Galardóns e nomeamentos 1997: Nomeada ós Premios Razzie: Peor actor (Shaquille O'Neal).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles