A bandeira de Haití foi adoptada oficialmente o 25 de febreiro de 1986, pero o seu deseño remóntase a comezos do século XIX, cando foi usada pola República de Haití baixo o presidente Alexandre Pétion en 1806.Beauvoir, Max G. "Colors of the Flags ." Consultado o 11 de febreiro de 2011.. É unha bandeira composta por dúas franxas horizontais, do mesmo tamaño, de cor azul (a superior) e vermella (a inferior). No centro da mesma figura, dentro dun rectángulo de cor branca, o escudo nacional. A bandeira de uso civil carece de escudo.CIA- The World Factbook. Liechtenstein- Flag Description . Consultado o 19 de agosto de 2012.
Historia Dise que a bandeira foi creada durante a rebelión contra os franceses. Os rebeldes tomaron a bandeira de Francia e quitáronlle a franxa branca do centro, en sinal de que expulsaran ós brancos, aparecendo así a bandeira haitiana.
Durante os Xogos Olímpicos de 1936 observouse que a bandeira de Haití era igual á bandeira de Liechtenstein, razón pola cal esta última agregou a imaxe dunha coroa na parte superior esquerda.
Entre 1964 e 1986, período de ditadura da familia Duvalier, a bandeira foi modificada por un deseño de cores verticais negro e vermello, conservando o escudo nacional no centro.
Foi readoptada de novo polo artigo 3 da Constitución actual de Haití o 25 de febreiro de 2012.
Outras bandeiras
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Bandeira de Haití en Flags of the World
Categoría:Símbolos de Haití Haití Categoría:Bandeiras de Haití Haití