A batalla de Montecubeiro foi un enfrontamento armado do ano 774, no marco da reconquista, no cal as tropas asturianas comandadas polo rei Silo derrotaron os rebeldes galegos alzados contra a dominación asturiana. Rematou coa definitiva incorporación das terras do sur da actual Galiza á monarquía ovetense, favorecendo a unidade do territorio historicamente galaico e impedindo o xurdimento dun estado independente galegos.

Historia e características A zona setentrional de Galicia fora anexionada á monarquía ovetense polo rei Afonso I, que impuxo como bispo en Lugo a Odoario, un refuxiado cristián da antiga provincia romana de África. Nas décadas posteriores, particularmente durante os anos do goberno de Froila I, tanto en Galiza coma noutras rexións periféricas desenvolvéronse certas tendencias secesionistas que aspiraban a liberarse do dominio político ástur.

Pero foi durante o reinado do rei Silo cando tivo lugar unha revolta que, tanto a Crónica Rotense«Galleciam sibi revellantem inito certamine in monte Cuperio superavit et suo imperio subiugavit». coma a Crónica Sebastianense,«Populos Gallaeciae contra se rebelantes in monte Cuperio bello superavit et sub imperio subiugavit». describen como xeneralizada. Para sufocala, as tropas asturianas avanzaron pola calzada romana que unía Oviedo e o centro de Asturias coas poboacións de Lugo e Iria Flavia, e interceptaron os rebeldes galegos á altura de Montecubeiro, Castroverde, onde os derrotaron.Estévez (2003), p. 119

Segundo o cóengo compostelán Antonio López Ferreiro, na parroquia de Montecubeiro existen dous castros, os de Maxide e Sarceda, que quizais puideron servir como refuxio ás tropas galegas fronte ó asedio asturiano.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Descrición do reinado de Froila I

Categoría:Historia militar en Galicia en 774 Montecubeiro Montecubeiro Montecubeiro