A apolipoproteína A-I (ApoA1, ApoA-I, APOA1) é unha proteína que nos humanos está codificada polo xene APOA1. Ten unha función específica no metabolismo lipídico.
A apolipoproteína A-I é a proteína de máis peso na HDL en sangue. Os quilomicrons producidos no enterocito tamén conteñen ApoA1, que rapidamente é transferida ás HDL na circulación sanguínea. Esta proteína transporta o colesterol dende os tecidos periféricos ata o fígado. É un cofactor para a lecitín colesterol acetiltransferase (LCAT) que é a responsable da maior parte da produción de ésteres de colesterol. A ApoA-I tamén foi illada coma un estabilizador de prostaciclina (PGI2), ademais de posuír un efecto anticoagulante. Os defectos do xene da proteína causan anomalías no HDL, incluíndo a enfermidade de Tangier, e amiloidose.
O seu peso molecular é de aproximadamente 28 KDa.http://emedicine.medscape.com/article/121187-overview
Actividade asociada con HDL-C e proteción fronte á enfermidade cardiovascular Como compoñente maior do complexo HDL (denominado vulgarmente "colesterol bo"), a ApoA-I contribúe a limpar o colesterol das arterias. Cinco de cada nove varóns portan unha mutación no xene da ApoA1 (E164X) asociada a un maior risco cardiovascular. Unha de catro mutacións da ApoA-I está presente en aproximadamente o 0,3% da poboación xaponesa, e no 6% das persoas que posúen niveis moi baixos de HDL.
A ApoA-IMilán é unha mutación frecuente da ApoA-I, achada nunha familia que descendía dunha parella do século XVIII. Trátase da primeira mutación identificada nunha apolipoproteína. Non obstante, os portadores desta mutación posúen niveis reducidos de HDL, pero non se incrementaba o risco cardiovascular. Bioquímicamente, a ApoA-I contén unha ponte de cisteína a maiores, permitindo que a ApoA I poida existir coma homodímero ou coma heterodímero con ApoA-II. Porén, o efecto cardioprotector desta mutación (risco que depende en grande medida da inxesta de colesterol) non está presente noutras mutacións que presentan pontes de cisteína.
A Apo-I Milán recombinante experimental en forma de dímeros formulados en liposomas pode reducir o ateroma en modelos animais, ata nun 30%. A ApoA-I Milán en ensaios clínicos mostrou ter un efecto estatisticamente significaivo na redución (reversión) das placas acumuladas nas paredes arteriais.
Nos ensaios humanos observouse a regresión da placa aterómica en cinco semanas de tratamento.
Novos Haplotipos do clúster de xenes da Apolipoproteína AI-CIII-AIV Recentemente, descubríronse dous novos haplotipos: P2-S2-X1 e P1-S2-X1 no clúster xenético ApoAI-CIII-AIV do cromosoma 11q23, cuxa presenza multiplica por tres o risco cardiovascular de xeito semellante aos enfermos de diabetes mellitus que non precisan insulina.
Papel noutras enfermidades O polimorfismo G/A no promotor do xene ApoA-I está sociado cunha presentación prematura da enfermidade de Alzheimer. O aparente efecto protector da ApoA1 fronte ao Alzheimer parece darse debido a súa interacción co alfa-tocoferol. O amiloide depositado no xeonllo despois dunha operación cirúrxica nese lugar consiste principalmente en ApoA-I segregada polos condrocitos (células da cartilaxe). Certas variantes da amiloidose e dos seus síntomas están asociadas a mutacións pouco comúns da ApoA1.
A ApoA-I únese a lipopolisacáridos ou endotoxinas, tendo unha función anti-endotoxina.
Nalgúns estudos observouse que unha diminución nos enfermos de esquizofrenia dos niveis de ApoA1 en líquido cefalorraquídeo e tecidos periféricos.
Impacto epistático da ApoA-I A apolipoproteína A-I e a APOE interactúan epistaticamente para modular os niveis de triglicéridos en sangue. De xeito individual, nin ApoA-I nin ApoE están asociados a un descenso dos triglicéridos, pero o seu efecto conxunto, pode incrementar os niveis de triglicéridos e polo tanto supor un risco cardiovascular destacado (P<0.01).
Factores que modulan a actividade da ApoA1 A produción de ApoA-I é inhibida polo calcitriol, e estimulada por todas a substancias que o antagonicen.
O exercicio físico ou o tratamento con estatinas pode aumentar os niveis de HDL-C estimulando a produción de ApoA1, en función da presenza do polimorfismo do promotor G/A.
Posibles interaccións O precursor da apolipoproteína A1, denominada APOA1BP, podería interaccionar coa proteína que contén o dominio de carbohidrato quinase. A relación destas dúas proteínas foi evidenciada por diversas técnicas de análise xenético. O homólogo de CARKD en E. coli contén un dominio que non foi atopado en células eucariotas. Este dominio posúe unha secuencia moi semellante a de APOA1BP. CARKD é unha proteína cunha función descoñecida e a día de hoxe non se sabe como interacciona con outras substancias.
Interaccións coñecidas A Apolipoproteína A1 é quen de interactuar con proteínas coma ABCA1, GPLD1 e PLTP.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Apolipoproteína B Enfermidade cardiovascular
Categoría:Apolipoproteínas