A bandeira de Nauru naceu tras a independencia deste país de Australia. Foi creada por un habitante da illa que traballaba para o fabricante de bandeiras australiano Evans. É azul cunha delgada banda amarela que a divide horizontalmente en dúas partes iguais e que simboliza o Ecuador. Unha estrela grande de doce puntas do lado inferior esquerdo simboliza as doce tribos orixinais de Nauru. CIA World Factbook - Nauru A posición da estrela simboliza a posición xeográfica da illa con respecto ao Ecuador, 42 quilómetros ao sur deste, e a súa cor, o branco, representa o fosfato, fonte de riqueza da illa.

Historia Nauru estivo representada baixo diferentes bandeiras durante a historia.World Statesmen - Nauru

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Símbolos de Nauru Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1968