A bandeira de Nova Zelandia é un pano de cor azul coa bandeira do Reino Unido no cantón e catro estrelas rubias fileteadas de branco, que representan a constelación da Cruz do Sur, no batente. As proporcións da bandeira son 1:2 e as súas cores son vermello (Pantone 186), azul real (Pantone 280) e branco. As proporcións e cores son idénticas ás da bandeira británica. Ademais desta bandeira nacional, Nova Zelandia ten dous pavillóns nacionais, un civil e outro de guerra. Son practicamente iguais á bandeira nacional, variando unicamente a cor do pano; vermella na civil, coas estrelas brancas, e branca na de guerra, coas estrelas rubias.

A historia da bandeira deste Estado remóntase a 1834, cando os pobos aborixes de Nova Zelandia elixiron a primeira bandeira. A bandeira que segue sendo utilizada hoxe en día foi introducida en 1869, aínda que non foi adoptada oficialmente até 1902.

Propúxose en diversas ocasións mudar o deseño da bandeira por outro novo. Déronse moitos argumentos a favor do cambio, por exemplo, que a bandeira actual ignora o legado maorí e dos outros pobos do estado. Do mesmo xeito, presentáronse argumentos en contra do cambio, entre eles, que a bandeira leva sendo utilizada durante moito tempo e que foi a bandeira pola que loitaron moitos neozelandeses e que cambiala sería unha ofensa para eles. A pesar de todos os diferentes deseños propostos para o cambio, optouse por conservar a bandeira orixinal.

Historia

miniatura|esquerda|200px|Unha bandeira proposta que non foi adoptada polos maorís, debido a inclusión da bandeira británica e a ausencia cor vermella. miniatura|esquerda|200px|Bandeira das Tribos Unidas de Nova Zelandia.

A necesidade dunha bandeira para Nova Zelandia fíxose patente por primeira vez cando o buque de carga Sir George Murray, construído en Hokianga, foi capturado por oficiais aduaneiros no porto de Sydney. O barco estivera navegando sen bandeira, o que constituía unha violación das leis de navegación británicas. Entre os pasaxeiros daquela nave encontrábanse dous xefes maorís de alto rango, posiblemente chamados Patuone e Taonui. A detención do barco provocou indignación no pobo maorí, e, ou se facía unha bandeira, ou os barcos continuarían sendo detidos.

A primeira bandeira neozelandesa foi escollida o 20 de marzo de 1834 nunha reunión convocada polo representante británico James Busby a través dunha votación realizada polas Tribos Unidas de Nova Zelandia nun encontro de 25 xefes maorís, quen pouco despois farían a declaración de independencia de Nova Zelandia, en Waitangi en 1835. Tres bandeiras foron propostas, todas elas deseñadas supostamente polo misioneiro Henry Williams, quen xogaría un papel importante na tradución do Tratado de Waitangi en 1840. Os xefes desbotaron outras dúas propostas que incluían a bandeira británica, para apoiar a unha bandeira que era unha modificación da Cruz de San Xurxo ou Pavillón Branco e sería a chamada bandeira das Tribos Unidas de Nova Zelandia. A necesidade dunha bandeira era apremiante, non só porque as naves neozelandesas estaban sendo incautadas en Sídney por non ondear unha bandeira nacional, senón tamén como símbolo da independencia declarada polos xefes maorís.

A bandeira segue ondeando en Waitangi, e pode ser vista no Día de Waitangi.

miniatura|Deseño inicial de bandeira das Tribos Unidas.

Bandeira do Reino Unido

Despois de asinar o Tratado de Waitangi, a bandeira británica foi usada como bandeira oficial, aínda que a antiga bandeira das Tribos Unidas continuou sendo utilizada por algúns barcos de Nova Zelandia e en moitos casos tamén en terra. A sede da Compañía de Nova Zelandia en Wellington, por exemplo, continuou usando a bandeira das Tribos Unidas até que o gobernador William Hobson lles ordenou substituíla en 1841.

Bandeiras baseadas na bandeira británica

miniatura|200px|Primeira bandeira neozelandesa baseada na da do Reino Unido.

A primeira bandeira neozelandesa baseada na bandeira do Reino Unido foi introducida en 1867 pola Acta Colonial de Defensa Naval de 1865, na cal se requiría que todas as naves que foran propiedade dos gobernos coloniais ostentaran a bandeira azul alterada da Mariña Real Británica, que ademais debía incluír unha insignia colonial. Nova Zelandia non tiña insignia colonial, nin un escudo propio, polo que foron engadidas as letras "NZ" ao Pavillón Azul.

A bandeira actual foi introducida en 1869. Inicialmente foi usada só en naves do goberno, pero foi adoptada como bandeira nacional de facto despois dun xurdimento de patriotismo a partir da segunda guerra dos bóers en 1902. Para acabar coa confusión entre varios deseños da bandeira, o Goberno Liberal redactou un documento oficial aprobado polo rei Eduardo VII o 24 de marzo de 1902 no que se declaraba esta bandeira como a bandeira nacional de Nova Zelandia. O deseño da bandeira das Tribos Unidas tamén está presente no reverso das medallas entregadas aos soldados que serviron na guerra dos bóers, o que indica que a bandeira das Tribos Unidas seguía sendo usada en Nova Zelandia nesa época.

Estrutura e cor Construción miniatura|300px|Deseño da bandeira de Nova Zelandia.

A bandeira de Nova Zelandia mide 240 cm de ancho por 120 cm de alto, mentres que a bandeira británica que presenta ocupa exactamente un cuarto da totalidade da súa área, cuns 120 cm de ancho por 60 cm de alto. A bandeira do Reino Unido atópase na esquina superior esquerda da bandeira e mostra os detalles dunha bandeira de proa. Os outros elementos existentes son as catro estrelas con bordos brancos de 1 cm de espesor que se encontran ocupando a parte dereita da bandeira. A súa formación representa a constelación da Cruz do Sur, aínda que esta formación non se axusta de todo á realidade. As estrelas forman dous eixes: un que vai do centro da estrela superior até a estrela inferior, e outro que vai da estrela esquerda até a estrela dereita. O primeiro eixe, que é vertical, é perpendicular ao bordo superior da bandeira, mentres que o eixe horizontal é lixeiramente oblicuo ao bordo lateral. Na parte superior, con 12 cm de ancho, aparece a Gacrux, co seu centro a 24 cm do bordo superior da bandeira. Máis abaixo, con 14 cm de ancho, encóntrase a Acrux, estando o seu centro a 96 cm do bordo superior. As outras dúas estrelas atópanse organizadas de forma asimétrica e están, xeometricamente, nunha rotación de 82° no sentido negativo con respecto ao eixe vertical. Á dereita está a Decrux, cun ancho de 10 cm e a unha distancia de 24 cm da intersección dos eixes das estrelas, e á esquerda aparece a Becrux, a cal ten un ancho de 12 cm e se atopa a unha distancia de 28 cm da intersección mencionada.

Cores

En todos os pavillóns de Nova Zelandia reprodúcense as cores baseadas nas das da bandeira británica. A información de cores en HTML, así como en RGB, CMYK e Pantone non corresponde exactamente ás mesmas tonalidades, pero son aproximadas.

Cor Nome HTML RGB CMYK Pantone Azul #000066 0-0-102 100-70-0-20 280 C Vermello #CC0000 204-0-0 0-100-80-5 186 C Branco #FFFFFF 255-255-255 0-0-0-0 1 C

Lexislación

A bandeira nacional é definida oficialmente na Acta de Protección de Bandeiras, Emblemas e Nomes de 1981. A sección 5(2) considéraa "o símbolo do Reino, Goberno e pobo de Nova Zelandia".

Proposta de afianzamento

En 1995, o entón Primeiro Ministro de Nova Zelandia Jim Bolger, fixo declaracións en apoio a un movemento orientado cara á instauración dunha república en Nova Zelandia. En resposta, o deputado do Partido Cristián Demócrata Graeme Lee presentou unha Emenda para a Protección de Bandeiras, Himnos, Emblemas e Nomes. De ser aprobada, a Emenda afianzaría a Acta que regula a bandeira, incluíndo ademais os himnos de Nova Zelandia, e tería que haber unha maioría do 65% dos votos no Parlamento antes de que calquera lexislación futura puidera modificar a bandeira. A Emenda foi aprobada na súa primeira presentación pero non superou a segunda, na que obtivo 26 votos a favor e 37 en contra.

Debate

miniatura|250px|Unha gran bandeira sobre o Aeroporto Internacional de Auckland. miniatura|250px|A bandeira do fieito prateado ás veces é utilizada xunto á bandeira oficial.

Durante moitas ocasións propuxéronse novos deseños para unha outra bandeira para Nova Zelandia. En novembro de 1979, o Ministro de Asuntos Interiores, Allan Highet, suxeriu que o deseño da bandeira debía ser cambiado, e buscou un artista para deseñar unha nova bandeira que incluíra un fieito prateado. A proposta, non obstante, atraeu pouco interese. En 1998, a Primeira Ministra Jenny Shipley apoiou a petición da Ministra de Cultura Marie Hasler para un cambio de bandeira. Shipley, xunto co Departamento de Turismo de Nova Zelandia, apoiaron a proposta da bandeira co fieito prateado, usando un fieito de cor branca sobre un fondo negro como posible bandeira alternativa, xunto coas barras da bandeira do Canadá.

En 2003, a Fundación NZ Flag foi fundada co obxectivo de realizar un referendo non vinculante acerca do tema. Segundo as leis de Nova Zelandia, un referendo pode ser celebrado se o 10% dos electores asinan unha petición que debe ser presentada ante o Parlamento. A Fundación enviou a súa petición para tal referendo en 2005.

En resposta á petición, o Instituto da Bandeira de Nova Zelandia foi creado para oporse á campaña do referendo e promover a bandeira oficial, así como para ofrecer unha visión máis formal da bandeira. Sorprendentemente, unha asociación para veteranos de guerra coñecida como RSA non apoiou abertamente a bandeira oficial na súa conferencia anual, pedindo en cambio que "...a política se deixara fóra do debate". Esta actitude foi, non obstante, criticada por posturas individuais da propia RSA, que apoiaban abertamente a bandeira actual.

A petición fallou no seu intento de recoller suficientes sinaturas (arredor de 100 000 persoas rubricaron a petición) a tempo para a elección xeral en setembro de 2005 e foi retirada en xullo. A Fundación citou, como a principal razón para retirar a petición, a apatía pública cara ao cambio, así como unha campaña de apoio público cara á bandeira orixinal.

Argumentos a favor do cambio Os simpatizantes do cambio argumentan que:

É moi similar e ás veces confundida coa bandeira de Australia. En 1984, o Primeiro Ministro australiano Bob Hawke foi recibido cunha bandeira neozelandesa en Ottawa. Como unha bandeira británica modificada, fai alusión á idea de que Nova Zelandia segue sendo unha colonia ou parte do Reino Unido. Ignora o legado maorí de Nova Zelandia e a outros grupos étnicos. Non evocaba sentimentos emotivos e rara vez era usada por neozelandeses; Tiña pouca conexión coa terra; Tiña moitos deseños e combinacións de cores; A organización de veteranos de guerra de Nova Zelandia non apoiaba abertamente a bandeira; Fora utilizada en anos recentes por grupos ultranacionalistas como a National Front.

Argumentos en contra do cambio

Os opositores do cambio argumentan que a bandeira orixinal:

Foi elixida por neozelandeses. Evoca unha resposta emotiva neles. Representa a historia do país como parte do Imperio Británico, e a súa localización no Hemisferio sur. O seu deseño é colorido. É a bandeira pola que os neozelandeses loitaran ou morreran, e cambiala sería ofensivo para os veteranos de guerra de Nova Zelandia. Leva representando o país durante máis dun século.