300px|miniatura|dereita|Interior do Lenxass Arena. A tempada 2010-11 da Liga de Campións da EHF foi a 51ª edición da máxima competición continental de balonmán a nivel de clubs en Europa. O campionato arrancou en setembro de 2010 e rematou o 29 de maio de 2011 no Lanxess Arena de Colonia, onde tivo lugar a final a 4. A final enfrontou ó FC Barcelona Borges e ó BM Ciudad Real, co resultado final de 27 tantos a 24 a prol do conxunto catalán.
Formato O formato do torneo contou con 4 fases: A primeira fase foi a Rolda de Clasificación, con 12 equipos divididos en 3 grupos, nos que só o primeiro equipo de cada grupo acadou o pase para a seguinte fase. A segunda fase foi a Fase de Grupos. Os 24 equipos clasificados para esta fase divídense en 4 grupos, quedando cada grupo composto por 6 equipos. Dispútase unha liguiña, pasando os 4 mellores equipos de cada grupo á seguinte fase. A terceira fase foi a chamada Segunda Fase ou Rolda de Eliminatorias. Esta fase comeza cos oitavos de final, e remata cos cuartos de final. Os 4 equipos gañadores pasan á seguinte fase. A cuarta e última fase foi a final a 4, disputada no pavillón Lanxess Arena da cidade de Colonia. O sábado día 28 de maio leváronse a cabo as dúas semifinais, sendo a final e o encontro polo 3º e 4º posto o domingo día 29 de maio. Rolda de Clasificación Nesta rolda participaron os equipos clasificados para a competición en última posición. Os encontros do grupo 1 disputáronse na cidade austríaca de Bregenz. Os encontros do grupo 2 disputáronse na cidade portuguesa de Porto. Os encontros do grupo 3 disputáronse na cidade alemá de Karlsruhe. Tódolos encontros leváronse a cabo entre os días 3 e 5 de setembro de 2010.
Grupo 1 Equipo Pts PX PG PE PP HT Tatran Presov 5 3 2 1 0 A1 Bregenz 4 3 2 0 1 Beşiktaş JK 2 3 1 0 2 Drammen HK 1 3 0 1 2 Grupo 2 Equipo Pts PX PG PE PP HC Dinamo-Minsk 5 3 2 1 0 FC Porto Vitalis 4 3 1 2 0 ZTR Zaporozhye 2 3 1 0 2 RK Metalurg 1 3 0 1 2 <center> Grupo 3 Equipo Pts PX PG PE PP Rhein-Neckar Löwen 6 3 3 0 0 Bjerringbro-Silkeborg 4 3 2 0 1 CB Ademar León 2 3 1 0 2 RK Gorenje Velenje 0 3 0 0 3
Fase de grupos Na fase de grupos comezou propiamente o campionato, cos 24 mellores equipos do continente, divididos en 4 grupos. Despois de que cada equipo disputase 10 encontros, os 4 primeiros equipos de cada grupo acadaron a clasificación para a seguinte rolda do campionato.
Grupo A Equipo Pts PX PG PE PP THW Kiel 16 10 7 2 1 Rhein-Neckar Löwen 13 10 5 3 2 FC Barcelona Borges 13 10 5 3 2 Chambéry Savoie Handball 8 10 4 0 6 Celje Pivovarna Lasko 6 10 3 0 7 KS Vive Targi Kielce 4 10 1 2 7 <center> Grupo B Equipo Pts PX PG PE PP Montpellier HB 16 10 8 0 2 MKB Veszprém KC 16 10 8 0 2 HSV Hamburg 13 10 6 1 3 KIF Kolding 10 10 5 0 5 IK Sävehof 3 10 1 1 8 HT Tatran Presov 2 10 0 2 8
Grupo C Equipo Pts PX PG PE PP Chejovskie Medvedi 14 10 6 2 2 Cuatro Rayas Valladolid 13 10 5 3 2 SC Pick Szeged 10 10 5 0 5 Kadetten Schaffhausen 9 10 4 1 5 HC Dinamo-Minsk 8 10 3 2 5 AaB Håndbold 6 10 2 2 6 <center> Grupo D Equipo Pts PX PG PE PP Renovalia Ciudad Real 17 10 8 1 1 SG Flensburg-Handewitt 16 10 8 0 2 RK Zagreb 14 10 6 2 2 Rukometni Klub Bosna 5 10 2 1 7 St. Petersburg HC 4 10 2 0 8 HCM Constanta 4 10 2 0 8
Segunda fase Oitavos de final Equipo local idaResultadoEquipo visitante idaIdaVoltaKadetten Schaffhausen 58 - 61 Montpellier HB 31 - 26 27 - 35RK Zagreb 55 - 58 Rhein-Neckar Löwen 28 - 3127 - 27FC Barcelona Borges 54 - 51 MKB Veszprém KC 28 - 2126 - 30 KIF Kolding 53 - 72 THW Kiel 29 - 36 24 - 36 HSV Hamburg 63 - 55 Cuatro Rayas Valladolid 28 - 22 35 - 33 Rukometni Klub Bosna 39 - 61 Chejovskie Medvedi 22 - 31 17 - 30 SC Pick Szeged 46 - 60 SG Flensburg-Handewitt 26 - 2720 - 33 Chambéry Savoie Handball 43 - 63 Renovalia Ciudad Real 24 - 27 19 - 36 Cuartos de final Equipo local idaResultadoEquipo visitante idaIdaVoltaMontpellier HB 55 - 62 Rhein-Neckar Löwen29 - 27 26 - 35FC Barcelona Borges 63 - 58 THW Kiel27 - 25 36 - 33HSV Hamburg 75 - 61 Chejovskie Medvedi38 - 24 37 - 37SG Flensburg-Handewitt 46 - 59 Renovalia Ciudad Real 24 - 38 22 - 21
Final a 4
A final enfrontou a dous clubs españois por 5ª ocasión na historia da máxima competición europea de balonmán. Foi a 11ª final para o FC Barcelona, e a 5ª para o Ciudad Real.
A vitoria do FC Barcelona Borges na final desta edición 2010-11 da Liga de Campións da EHF supuxo o 8º máximo título continental para o club catalán, o cal redundou no seu liderado no palmarés histórico das competicións europeas.
Véxase tamén Outras competicións continentais Liga de Campións da UEFA 2010-11 (Fútbol) Euroliga 2010-11 (Baloncesto) Heineken Cup 2010-2011 (Rugby) Copa de Europa de hóckey a patíns 2010-2011 (Hóckey a patíns)
Ligazóns externas Datos da final na páxina oficial da EHF
Categoría:Balonmán en 2011 Categoría:Competicións de clubs de balonmán de Europa